ENTROIDO 2020

Xa chegou o gran día. Hoxe no colexio estamos todos moi diferentes… non sei que pasa que non coñezo a ninguén!!!

Se vos tamén tedes curiosidade, podedes vernos a partir das 12:00 no tradicional desfile polas rúas de  Soutelo. Remataremos na praza do Gaiteiro, onde a Anpa nos convidará a un delicioso chocolate quentiño.

Este ano a temática dos disfraces está relacionada coa arte conceptual. Estamos a traballar as emocións a través da obra do artista Sol Lewitt. Aquí tedes a pancarta de presentación do desfile.

ESPERÁMOSVOS!!!

 


Xa rematou o Entroido!! Que ben o pasamos!!

A climatoloxía foi ideal, desfilamos polo pobo acompañados das familias e veciños.

Chegamos á plaza do Gaiteiro e alí tomamos un chocolate quentiño para repoñer forzas. Moitas grazas a Anpa Meixoeiro por convidarnos e logo… FESTA RACHADA!!!

Bailaron todos e todas: nenos e nenas, mestres e mestras, pais e nais…

Moitas grazas ao profe Manuel por acompañarnos estes últimos meses e axudar a facer este Entroido un pouco máis especial.  Aproveitando que  era o seu último día no noso centro  desexámoslle moita sorte. De seguro que non te esqueceremos!!!

Podedes comprobar o divertido que foi este día no seguinte vídeo:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *