Por fin, a climatoloxía permiteunos celebrar unha das festas máis esperadas do curso:
O MAGOSTO.
O venres día 16 de novembro celebramos esta festa de orixes tan antigas.
Fixemos de todo! Asamos e comimos ricas castañas, xogamos a moitísimos xogos: bolos, chapas, carreiras de culleres, aspiración con palliñas, xogo de pistas onde había que atopar as castañas A novidade deste ano foi a simulación do programa de televisión: BOOM!!! e as preguntas eran sobre a temática e léxico do magosto.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS IMAXES DESTE DÍA TAN DIVERTIDO
Como xa todos sabedes, o ano pasado clausuramos un plan de Formación Intercentros que comezara no curso 2014-2015.
Os tres centros participantes foron: o CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei) o CEIP de Soutelo de Montes (Soutelo de Montes- Forcarei) e o CEIP San Xoán Bautista (Cerdedo)
Presentamos o proxecto a un concurso: PREMIOS A PROXECTOS DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO.
E… atención….
TEMOS 2 PREMIOS:
1º- Premio categoría A : Ex Aequo.
2º- Mención Especial Ex Aequo.
PARABÉNS AOS TRES COLEXIOS!!!
E, MOI ESPECIALMENTE A TODOS OS NENOS E NENAS, QUE FIXERON POSIBLE ESTE PREMIO.
Seguimos traballando en novos proxectos, con moita ilusión tras recibir a noticia hoxe pola mañá.
Dende o CEIP de Soutelo queremos agradecer unha vez máis ao CFR de Pontevedra pola súa colaboración no proxecto e tamén ás familias do noso alumnado que se involucraron con nós o curso pasado e fixeron posible acadar tan bos resultados.
No adxunto e no seguinte enlace podedes ver a publicación do premio na páxina da Consellería de Educación.
Como xa coñecedes ben o noso traballo, ímosvos amosar o que fixeron os nosos compañeiros do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Recomendámosvos esta curta que fala dun célebre veciño de Soutelo de Montes…
No centro, xa cheira a…. algo. Xa se respira e sente o TERROR!!!!
Botade unha ollada ao noso cole….
e sede pacientes que para o venres día 2 de novembro estamos preparando unha SORPRESA!!!
O venres día 2 de novembro celebramos o Samaín no cole.
Os disfraces eran TERRORÍÍÍÍÍFICOS!!!!
As cabazas que decoraron coa axuda das familias, seguen a sorprendernos. Hainas de todos os tipos e tamaños, algunhas desprenden terror puro e outras tenrura e mimo. Este ano triunfaron os efectos luminosos.
PARABÉNS, UN ANO MÁIS POR TANTA CREATIVIDADE!!!
Ao final do día como premio a tan bo traballo os profes Manolo e Miguel repartiron agasallos en envases típicos de…. Samaín!!!
MIRADE,MIRADE!!!
Este ano tivemos a sorte de contar coa axuda da profe Alba Vilariño, que estivo realizando o PRACTICUM III.
O Equipo da Biblioteca, xunto co EDLG e TICS deseñaron e produciron esta pequena curta como produto final a unha UDI sobre o Universo e que ademais traballa as orixes do Samaín. A dirección da mesma correu da conta da mesma Alba Vilariño.
Estade atentos, aquí hai de todo:
planetas, astronautas, asteroides, satélites, estrelas, matemáticos, músicos, e…todos eles participan nunha complicada trama que os leva dende…
O alumnado de 3º e 4º está a traballar nun proxecto da biblioteca sobre o Universo.
Para comezar, pescudaron estudaron moito sobre os planetas e fixeron esta maqueta móbil e interactiva grazas ao escaneado de códigos QR, onde eles mesmos explican algunhas curiosidades do Sistema Solar.
PODEDES ESCOITAR AS SÚAS EXPLICACIÓNS NOS SEGUINTES VÍDEOS
Despois de tanta búsqueda, relaxámonos un pouco con outro xogo.
Este ano o día das bibliotecas estaba relacionado coa poesía.
Así que convertímonos en poetas por un día e compuxemos un pequeno poema sobre a nosa biblioteca.
Pero…. sabedes o que fixo Ratoteca? Debía ter fame e como lle encantan as rimas, comeu todas as palabras que rimaban!!!!
Como nos demos conta de que debemos manter a nosa biblioteca ordenada, este ano decoramos e construimos uns marcalibros para saber onde temos que colocar o libro que imos devolver. A profe Uxía explicounos onde os tiñamos que gardar ben ordeadiños.
QUEDARON MOI CHULOS!!!
E… para rematar entregamos a máis viaxeira de todas:
A MOCHILA VIAXEIRA!!!
FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO NO QUE ADEMAIS DESCUBRIMOS COUSAS NOVAS SOBRE A NOSA BIBLIOTECA.
RATOTECA TAMÉN O PASOU MOI BEN COAS SÚAS TRASNADAS!!!
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria traballou durante os meses de setembro e outubro, na clase de plástica, un proxecto sobre o outono.
Buscamos información sobre o outono, a súa relación coa arte, informámonos das cores típicas das obras pictóricas que reflicten esta época do ano, falamos dos sentimentos e emocións que desperta en cada un de nós esta fermosa estación para logo buscar obras pictóricas onde se plasmaran todas estas informacións e facer cada un deles unha representación persoal. Visitamos a sección da Biblioteca adicada a plástica onde aprendimos unha chea de cousiñas que logo plasmamos nas nosas creacións artísticas. A información recollida acompaña a cada traballo.