PROXECTO ANUAL: SOUTELO SAUDABLE
Aquí vos deixamos 3 enlaces para que premades neles e poidades ver o traballo realizado durante o curso e secuenciado en cada trimestre:
1º TRIMESTRE
2º TRIMESTRE
3º TRIMESTRE
Despois de ver esta magnífica exposición, so nos queda felicitar a todo o alumnado dos dous centros polo gran traballo realizado neste proxecto.
De seguido, imos explicarvos de xeito máis detallado os diferentes traballos de cada aula do CEIP de Soutelo de Montes.
Pero quen mellor… que os nenos e nenas para explicalo!!
AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL: MARES E OCÉANOS
PRESENTACIÓN DO ALUMNADO
VIDEOS ENLAZADOS
VIDEO 2: ACONTAMINACIÓN DOS MARES
VIDEO 4:QUE PODEMOS FACER NÓS?
VÍDEO 5: LEMON (unha curta do museo reina Sofía para concienciar)
AULA DE 1º/2º DE PRIMARIA: A VIDA SUBMARINA
PRESENTACIÓN DO ALUMNADO
VÍDEOS ENLAZADOS
AULA DE 3º/4º DE PRIMARIA: NAUFRAXIOS
QUE É?
EXPLICACIÓN CIENTÍFICA
COORDENADAS XEOGRÁFICAS
LÉXICO
PRESENTACIÓN DO ALUMNADO
EXPLICACIÓN CIENTÍFICA
VÍDEOS ENLAZADOS:
CAUSAS DUN NAUFRAXIO:
COORDENADAS XEOGRÁFICAS:
LÉXICO:
AULA DE 5º/6º DE PRIMARIA:ROMARÍAS MARIÑEIRAS DE GALICIA
EXPLICACIÓN DO ALUMNADO
VÍDEOS ENLAZADOS
Como ben sabedes, este curso mergullámonos na nosa biblioteca para navegar polos mares e océanos do mundo, pero esta vez tivemos uns compañeiros excepcionais: o alumnado e profesorado do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei.
O produto final do traballo conxunto dos dous centros foi unha exposición común que tivo lugar no CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, chamada:
O mércores 12 inauguramos a exposición e realizamos diversos talleres:
flotabilidade, manualidades, papiroflexia, marcapáxinas, nudos mariñeiros…
Os días 13 e 14 a exposición estivo aberta a toda a comunidade educativa.
Como xa vos explicamos o traballo partiu da biblioteca e do libro:
20.000 leguas baixo dos mares
Aquí vos deixamos o enlace que saíu publicado no FARO DE VIGO:
A continuación podedes ver un vídeo con imaxes da exposición o día da inauguración:
E aquí vos deixamos outro con imaxes dos talleres que fixemos ese mesmo día:
O alumnado de 3º e 4º está a traballar nun proxecto da biblioteca sobre o Universo.
Para comezar, pescudaron estudaron moito sobre os planetas e fixeron esta maqueta móbil e interactiva grazas ao escaneado de códigos QR, onde eles mesmos explican algunhas curiosidades do Sistema Solar.
PODEDES ESCOITAR AS SÚAS EXPLICACIÓNS NOS SEGUINTES VÍDEOS
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria traballou durante os meses de setembro e outubro, na clase de plástica, un proxecto sobre o outono.
Buscamos información sobre o outono, a súa relación coa arte, informámonos das cores típicas das obras pictóricas que reflicten esta época do ano, falamos dos sentimentos e emocións que desperta en cada un de nós esta fermosa estación para logo buscar obras pictóricas onde se plasmaran todas estas informacións e facer cada un deles unha representación persoal. Visitamos a sección da Biblioteca adicada a plástica onde aprendimos unha chea de cousiñas que logo plasmamos nas nosas creacións artísticas. A información recollida acompaña a cada traballo.
O resultado espectacular!!!
QUE FERMOSO DEIXAMOS O CORREDOR DO 1º ANDAR!!!
OLLADE, OLLADE!!!
E… aquí está, por fin, a nosa curta. Desexamos que vos guste moito!!!
Nós pasámolo xenial con este proxecto, aprendimos unha morea de cousiñas e démonos conta de que vivimos nun concello fermosísimo!!!! cheo de historia, tradición e paisaxes incribles!!!
Como xa sabedes, dende o curso 2014/2015 estase a levar a cabo un Plan de Formación Intercentros da comarca de Terra de Montes. Os tres centros participantes son: o CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei) o CEIP de Soutelo de Montes (Soutelo de Montes- Forcarei) e o CEIP San Xoán Bautista (Cerdedo). O obxectivo é acadar os coñecementos e destrezas necesarias para deseñar e aplicar as programacións LOMCE. Seguindo as directrices do novo curriculo cada centro deseñará unha tarefa integrada dentro dun marco común para os tres (a nosa comarca), aplicará dita tarefa e expoñeraa á comunidade educativa como broche final á formación recibida ao longo destes catro cursos. Na nosa tarefa priorizamos a investigación (lectura e comprensión) a expresión oral, o traballo en grupo, as aprendizaxes significativas, as Tics e as emocións.
A relación coas outras UDIS, é que cada centro deseñou a súa tarefa dentro do marco común que é a comarca, onde se traballaron todo tipo de aspectos: características sociais e naturais, patrimonio cultural e artístico, historia… O noso centro traballou a contorna natural( río,fauna e flora) e o patrimonio cultural e histórico ( muíños e pontes) tomando como centro de interese o río Lérez. A temporalización foi no 2º e 3º trimestre do curso 2017/2018.
A continuación ímosvos mostrando o noso traballo, paso a paso.
En primeiro lugar, o traballo de avaliación inicial, pescuda de información, así como de investigación e conclusións recollímolo nesta publicación:
Esta é unha maqueta interactiva xa que a través do escaneado dos códigos Qr proporciona información adicional. Dita información preséntase a través de vídeos explicativos. E esta vez os que explican non son os mestres senón o propio alumnado.
Quedounos clarísimo nenos e nenas!!!
Pero, por se quedara algunha dúbida…
Agora vén o mellor: nuns días PUBLICAREMOS A PELÍCULA!!!!
Estade atentos Á PEREGRINAXE DE FREI BIEITO!!!!!!!
Durante todo o mes de Abril estivemos investigando moito sobre o lugar que visita Willy Fog despois de pasar por Reino Unido e Exipto, concretamente sobre… a INDIA!!!!
O noso alumnado xunto cos seus profes traballou arreo e descubriu moitas cousas que hoxe nos presentaron, así, descubrimos cal é a súa bandeira e seu significado, datos de interés como a súa moeda, a hora, a poboación que ten, … monumentos destacables, personaxes famosos da India, e o festival Holi.
E como todo traballo ten a súa recompensa…tamén fixemos unha pequena recreación dun festival Holi, na que pasámonolo en grande!!!!
Agora so temos que agardar a ver cal será a nova parada de Fog…
Votádelle unha ollada a algunhas das fotos de hoxe.
Xa case nos esquecíamos pero…
Continuamos viaxando arredor do mundo seguíndolle a pista a Willy Fog.
Despois de estar algo máis dun mes investigando e buscando información, fai unhas semanas tocounos facer a exposición dos traballos.
Nesta ocasión a parada foi en Exipto e ¡como non!…temos que felicitar ao noso alumnado porque fixo uns traballos impresionantes.
Xa estamos montando a Guía de Viaxe para que rule por tódalas clases.