Este ano o día das Letras Galegas adícase a Carlos Casares e no noso cole realizamos algunhas actividades conmemorativas.
Entre todos os alumnos e alumnas montamos un crebacabezas xigante do retrato do autor.E os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso crearon e recitaron unha biografía lírica do autor.
Autor: Eva Duarte Rey
Continuamos viaxando, desta volta toca Xapón
23 de abril día internacional do Libro
O alumnado e profesorado do CEIP de Soutelo de Montes adiantámonos á celebración do día do libro e fíxemonos un selfie con libros que teñen un significado especial, cos libros favoritos ou cos que están a ler. Animádesvos a deixar comentarios sobre os vosos libros favoritos ou que queirades recomendar por algunha razón?
Novidades!
24 de outubro Día da Biblioteca
O pasado 24 de outubro de 2016 celebramos o Día da Biblioteca coa presentación do lapbook elaborado polos nosos nenos e nenas sobre a China, continuando así coa nosa volta ao mundo particular que comezamos o curso pasado como proxecto de biblioteca.
Aquí tedes unha mostra do ben que nos quedou o lapbook e tamén do que moito que disfrutamos aprendendo cousas novas.
Terceira parada no nosa volta ao Mundo.
Durante todo o mes de Abril estivemos investigando moito sobre o lugar que visita Willy Fog despois de pasar por Reino Unido e Exipto, concretamente sobre… a INDIA!!!!
O noso alumnado xunto cos seus profes traballou arreo e descubriu moitas cousas que hoxe nos presentaron, así, descubrimos cal é a súa bandeira e seu significado, datos de interés como a súa moeda, a hora, a poboación que ten, … monumentos destacables, personaxes famosos da India, e o festival Holi.
E como todo traballo ten a súa recompensa…tamén fixemos unha pequena recreación dun festival Holi, na que pasámonolo en grande!!!!
Agora so temos que agardar a ver cal será a nova parada de Fog…
Votádelle unha ollada a algunhas das fotos de hoxe.
Día do libro.
O pasado venres celebramos no noso cole o “Día do Libro”, por iso organizamos diferentes actividades como: o apadriñamento lector, o visionado dun vídeo sobre a historia de Miguel de Cervantes e a creación dunhas bolboretas nas que cada un de nós escribimos o noso libro favorito, os sentimentos que nos provoca e por qué é importante a lectura…
O conxunto de todas as actividades propostas resultou ser moi moi interesante e divertido.
Segunda parada na nosa volta ao Mundo!!!
Xa case nos esquecíamos pero…
Continuamos viaxando arredor do mundo seguíndolle a pista a Willy Fog.
Despois de estar algo máis dun mes investigando e buscando información, fai unhas semanas tocounos facer a exposición dos traballos.
Nesta ocasión a parada foi en Exipto e ¡como non!…temos que felicitar ao noso alumnado porque fixo uns traballos impresionantes.
Xa estamos montando a Guía de Viaxe para que rule por tódalas clases.