Con motivo do día da Paz, cada aula preparou nunha cartolina información sobre algunha persoa ou organización ás que lle fose concedido un premio Nobel da Paz.

Cada titoría expuxo o seu traballo ao resto dos compañeiros.

AQUÍ PODEREDES VER AS CARTOLINAS DE CADA AULA:

ESTAS SON ALGUNHAS IMAXES E VERBAS DO NOSO ALUMNADO DURANTE A EXPOSICIÓN:

 

30 DE XANEIRO

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

” UN NENO, UN MESTRE, UN LIBRO E UN LAPIS PODEN CAMBIAR O MUNDO. A EDUCACIÓN É A ÚNICA SOLUCIÓN”

Malala Yousafzai (Premio Nobel da PAZ 2014)

Practica 7 by sanchezlaz on emaze

Nos próximos días publicaremos a actividade proposta polo día da Paz.

Este curso fixémola no 3º trimestre, xa que no 2º estabamos a metade do cole na casa confinados, e non tiña sentido facelo.

De todos os xeitos…LEMBRADE: A PAZ TEN QUE SER TODOS OS DÍAS.

Aquí está xa o traballo que realizamos. No vídeo, ademais de imaxes, hai unha explicación de como se levou a cabo esta tarefa interdisciplinar, na que a partires de diferentes ilustracións de lugares ou situacións,  analizamos  as emocións coa axuda da creatividade e da estatística:

Este curso, como estamos a traballar as emocións, que mellor oportunidade que expresar as nosas emocións sobre  a Paz a través da arte.

Para iso, cada aula deseñou unha obra pictórica sobre a Paz, relacionouna cunha obra musical e con outra literaria(algunhas delas incluso as crearon os propios alumnos) e o traballo final presentámolo dun xeito moi orixinal: EN CAIXAS.

Para rematar unimos as emocións das catro aulas cunha corda.

Mirade que obra de arte!!!!


AQUÍ TEDES UN AUDIO ONDE O ALUMNADO DE 1º E 2º DE pRIMARIA RECITA UN FERMOSO POEMA:

 

 

Aquí vos deixamos un vídeo con máis fotos, cancións, coreografías e poemas do noso alumnado.

Como xa ben sabedes o día 30 de xaneiro celébrase:

O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 


No CEIP de Soutelo, este ano o alumnado estivo traballando no 1º trimestre o libro: “20.000 leguas baixo os mares”.

Escollemos oracións, expresións, situacións do libro e escribímolas na silueta do Nautilius (submarino do libro).

Distribuimos os submarinos polas distintas aulas, e cada neno ou nena, escribiu unha palabra ou oración curta sobre o que lle inspiraba o fragmento que lera. As palabras a favor da Paz puxéronas na silueta dun peixe de cores cálidas; e as inspiracións contrarias á Paz, en peixes de cores frías. Cada alumno e alumna decorou o seu peixiño.

O resultado final foi que o venres cada alumno e alumna levou o seu peixiño ao noso mar (un mural) pero…antes de comezar, tivemos que matinar un pouco, xa que o título do mural era un xeroglífico que había que descifrar.

De seguida, entre todos, conseguímolo!!!!

O alumnado de 5º e 6º tamén nos recitou uns fermosísimos  poemas da Paz escritos en galego.

ASÍ ESTABA O MURAL ANTES DE COMEZAR:

PERO… SE OLLADES ESTE VÍDEO VEREDES COMO QUEDOU AO REMATAR, E TAMÉN ESCOITAREDES RECITAR UNS FERMOSOS VERSOS QUE FALAN DE PAZ

 

Pero, ademais, o alumnado do CEIP de Soutelo, tamén navegou en barco, na procura de máis PAZ.
Desta vez, o porto foi a ula de Relixión e o Capitán: A PROFE PURI!!!
Con un faro tan fermoso, será moi difícil perderse neste mar.
BO TRABALLO, MARIÑEIROS!!!

Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ centrámonos, por un lado na figura de MALALA YOUSAFZAI( Premio Nobel da Paz en 2014) e por outro na AUGA.

Malala di que un nen@, un mestre e un libro poden cambiar o mundo e como desde o cole descubrimos que a auga é un dereito fundamental e que non se pode comercializar con ela porque pode ser a causa de moitos conflitos. Decidimos poñernos mans á obra  e traballar para solucionar pequenos conflitos que xurden na nosa contorna, e cos que podemos contribuir para conseguir a PAZ.

 O alumnado traballou en equipo para resolver uns interesantísimos retos que non se lles puideron resistir!!!

E..non nos podemos esquecer de dicir que pola tarde estivemos bailando e cantando a canción que estivemos preparando e que tanto nos gusta…QUÉROTE MAIS…QUERO QUERO TE MAIS…de Sonoro Maxín.

Parabéns porque fixestes un gran traballo!!!

Aquí unhas fotiños…