A.D.C. LUMIEIRA LUGO: 8 MARZO 2018 > DÍA da MULLER TRABALLADORA

8 DE MARZO DE 2022, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA | Concello de Vilasantar

 

Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é xornada recoñecida nalgúns países. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.

 

 

Murguiteca: 8 Marzo:Día Internacional da Muller

 

Campaña 8 de marzo de 2013. Día Internacional de la Mujer | Mujeres en Galicia

ENTROIDO 2022

 

54 ideas de Entroido | carnaval, mascaras carnaval, manualidades carnaval

A tradición do Entroido en Galicia é de todas e todos coñecida. Non hai recuncho galego onde non se festexe dalgún xeito. Son tanto pequenas festas case familiares como grandes eventos de sona máis alá das fronteiras do país, mostra clara do cal é o Entroido de Xinzo, que  foi declarado Festa de Interese Internacional. Estas celebracións teñen unha fonda pegada na gastronomía, nas distintas manifestacións culturais e, como non, tamén na lingua.

 

Pegadas do Entroido no refraneiro galego:

Entroido larafuzán, comiches a chicha e deixaches o pan, empregado para aquelas situacións onde alguén se decanta polo luxo e calidade, desprezando o máis humilde. Martes de entroido e día de Pascua, cada larpeiro na súa casa, aínda que sexa unha tempada de fartura, mellor ter cabeza ao gastar. Non todos os días son martes de entroido, hai que ter bo criterio e saber administrarse. Coa mesma noción aparece o entroido é un larpeiro, mais é o fillo dun pobre, cada un na súa casa gobérnase como pode.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

23 DE FEBREIRO DE 2022

 

 

Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.

17 de maioDía das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

 

Rosalía de Castro, la feminista que elevó las letras gallegas

 

 ” ALBORADA”

                     Canta, paxariño alegre,
                     canta!
                     Canta porque o millo medre,
                     canta!
                     Canta porque a luz te escoite,
                     canta!
                     Canta que fuxeu a noite.

                                                           Cantares Gallegos