PREMEDE SOBRE A IMAXE PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN SOBRE O ENTROIDO 2025
Categoría: Entroido
ENTROIDO 2023
IMAXES DOS DISFRACES DAS NOSAS AULAS.
PREMEDE SOBRE OS BOTÓNS + PARA VER AS FOTOS
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DESTA MÁXICA FESTA:
MOITAS GRAZAS Á ANPA POR COLABORAR CON NÓS NESTA DIVERTIDA E TRADICIONAL FESTA
ENTROIDO 2022
A tradición do Entroido en Galicia é de todas e todos coñecida. Non hai recuncho galego onde non se festexe dalgún xeito. Son tanto pequenas festas case familiares como grandes eventos de sona máis alá das fronteiras do país, mostra clara do cal é o Entroido de Xinzo, que foi declarado Festa de Interese Internacional. Estas celebracións teñen unha fonda pegada na gastronomía, nas distintas manifestacións culturais e, como non, tamén na lingua.
Pegadas do Entroido no refraneiro galego:
Entroido larafuzán, comiches a chicha e deixaches o pan, empregado para aquelas situacións onde alguén se decanta polo luxo e calidade, desprezando o máis humilde. Martes de entroido e día de Pascua, cada larpeiro na súa casa, aínda que sexa unha tempada de fartura, mellor ter cabeza ao gastar. Non todos os días son martes de entroido, hai que ter bo criterio e saber administrarse. Coa mesma noción aparece o entroido é un larpeiro, mais é o fillo dun pobre, cada un na súa casa gobérnase como pode.
ENTROIDO 2021
A temática escollida este ano para a celebración do Entroido consiste en facer unha análise detallada de 4 disfraces típicos galegos (un de cada provincia e explicado un por cada aula):
EDUCACIÓN INFANTIL: O OSO DE SALCEDO (Pobra de Brollóns, en Lugo)
AULA DE 1º e 2º de PRIMARIA: OS BOTEIROS DE VIANA DO BOLO (Ourense)
AULA DE 3º e 4º de PRIMARIA: AS MADAMAS DE COBRES(Vilaboa, Pontevedra)
AULA DE 5º e 6º de PRIMARIA: OS XENERAIS DO ULLA (Comarca do Ulla, A Coruña)
A análise será artística: recreación do disfraz.
Literaria: explicacións descritivas e recitado de coplas.
Aquí vos deixamos unha presentación con información e vídeos onde o noso alumnado explica con toda claridade os aspectos máis destacados destes tradicionais Entroidos.
(Agradecementos á Asociación “Vello dos Cornos” de Merza, Viladecruces pola súa colaboración no disfraz do Xeneral do Ulla)
Ademais deixámosvos un vídeo onde recollemos as imaxes do alumnado que nos mandou as súas fotos disfrazados na súa casa este Entroido:
MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO E PROFESORADO POR COMPARTIR AS SÚAS FOTOS CON NÓS
ENTROIDO 2020
Xa chegou o gran día. Hoxe no colexio estamos todos moi diferentes… non sei que pasa que non coñezo a ninguén!!!
Se vos tamén tedes curiosidade, podedes vernos a partir das 12:00 no tradicional desfile polas rúas de Soutelo. Remataremos na praza do Gaiteiro, onde a Anpa nos convidará a un delicioso chocolate quentiño.
Este ano a temática dos disfraces está relacionada coa arte conceptual. Estamos a traballar as emocións a través da obra do artista Sol Lewitt. Aquí tedes a pancarta de presentación do desfile.
ESPERÁMOSVOS!!!
Xa rematou o Entroido!! Que ben o pasamos!!
A climatoloxía foi ideal, desfilamos polo pobo acompañados das familias e veciños.
Chegamos á plaza do Gaiteiro e alí tomamos un chocolate quentiño para repoñer forzas. Moitas grazas a Anpa Meixoeiro por convidarnos e logo… FESTA RACHADA!!!
Bailaron todos e todas: nenos e nenas, mestres e mestras, pais e nais…
Moitas grazas ao profe Manuel por acompañarnos estes últimos meses e axudar a facer este Entroido un pouco máis especial. Aproveitando que era o seu último día no noso centro desexámoslle moita sorte. De seguro que non te esqueceremos!!!
Podedes comprobar o divertido que foi este día no seguinte vídeo:
ENTROIDO 2019
E… POR FIN… CHEGOU: “O ENTROIDO”
Este ano o Entroido non chegaba máis… pero ao final o 1 de marzo puidemos disfrutar desta marabillosa festa, e ademais o tempo permitiunos facer o xa tradicional desfile polo pobo. Estivemos cos veciños e veciñas, que como todos os anos saen das súas casas e negocios para vernos e regálannos caramelos e chuches.
Unha vez na praza, tomamos un chocolate quentiño que estaba boísimo, grazas a ANPA.
A temática deste ano estivo relacionada co proxecto que estamos a traballar sobre os mares e océanos: “MERGÚLLATE NA BIBLIOTECA”.
EDUCACIÓN INFANTIL: POLBOS
1º e 2º de PRIMARIA. PEIXES
3º e 4º de PRIMARIA: MEDUSAS
5º e 6º de PRIMARIA: BUZOS
TODOS XUNTIÑOS NA PRAZA DE SOUTELO
AQUÍ TEDES UN VÍDEO CON MÁIS IMAXES:
ENTROIDO 2018
Hoxe vivimos unha xornada moi esperada…A FESTA DO ENTROIDO!!!
OS ANIMAIS DO RÍO foi o tema elexido.
Como o tempo nos acompañou fomos ata a praza e pasámolo moi ben!!!