O 25 de febreiro recibimos unha visita fantástica:

“OS BOLECHAS”

Esta vez, viñéronnos a contar que son os RAEE: Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos.

Ademais de aprender un montón, pasámolo xenial, cantamos e rimos moito. Aquí vos deixamos un enlace á páxina web, para que teñades máis información sobre este tema que tanto nos debería importar, e así poderedes convertirvos en superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.

PREMEDE NO ENLACE E PODEREDES PERTENCER AO MOVEMENTO RAEE DOS BOLECHAS E MESMO TER O CARNE DE SUPERHEROES RAEE:

OS ELECTRECOS- BOLECHAS

E.. ollade, que ben o pasamos!!!

Despois de arrancar o proxecto “XOGADE” co xa tradicional CROSS, comezamos as competicións intercentros.

O xoves día 21 de febreiro acudimos a Forcarei, onde competimos moi ben e pasámolo xenial cos nosos compañeiros, amigos e veciños de Forcarei.

Aquí quedan unhas fotos para o recordo:

 

 

O día 15 de febreiro saímos do cole pola mañá e voltamos á tardiña. Esta saída está relacionada co proxecto que estamos a traballar este ano sobre “MERGÚLLATE NA BIBLIOTECA”. Pero non regresamos igual que marchamos. Nas nosas cabeciñas, trouxemos un montón de información que recibimos a través de todos os nosos sentidos: vimos moitas cousas, escoitamos relatos e informacións sorprendentes, tocamos e experimentamos, cheiramos e degustamos unha comida na compaña de todos os compañeir@s e profes. E tamén sentimos extraordinarias sensacións.

Pero… olládeo vós mesmos.

 

PRIMEIRA VISITA DA MAÑÁ: A DOMUS OU CASA DO HOME

 

 

PRIMEIRA VISITA DA TARDE: AQUARIUM OU CASA DOS PEIXES.

SEGUNDA VISITA DA TARDE: CASA DAS CIENCIAS (PLANETARIO) 

 

Como xa ben sabedes o día 30 de xaneiro celébrase:

O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 


No CEIP de Soutelo, este ano o alumnado estivo traballando no 1º trimestre o libro: “20.000 leguas baixo os mares”.

Escollemos oracións, expresións, situacións do libro e escribímolas na silueta do Nautilius (submarino do libro).

Distribuimos os submarinos polas distintas aulas, e cada neno ou nena, escribiu unha palabra ou oración curta sobre o que lle inspiraba o fragmento que lera. As palabras a favor da Paz puxéronas na silueta dun peixe de cores cálidas; e as inspiracións contrarias á Paz, en peixes de cores frías. Cada alumno e alumna decorou o seu peixiño.

O resultado final foi que o venres cada alumno e alumna levou o seu peixiño ao noso mar (un mural) pero…antes de comezar, tivemos que matinar un pouco, xa que o título do mural era un xeroglífico que había que descifrar.

De seguida, entre todos, conseguímolo!!!!

O alumnado de 5º e 6º tamén nos recitou uns fermosísimos  poemas da Paz escritos en galego.

ASÍ ESTABA O MURAL ANTES DE COMEZAR:

PERO… SE OLLADES ESTE VÍDEO VEREDES COMO QUEDOU AO REMATAR, E TAMÉN ESCOITAREDES RECITAR UNS FERMOSOS VERSOS QUE FALAN DE PAZ

 

Pero, ademais, o alumnado do CEIP de Soutelo, tamén navegou en barco, na procura de máis PAZ.
Desta vez, o porto foi a ula de Relixión e o Capitán: A PROFE PURI!!!
Con un faro tan fermoso, será moi difícil perderse neste mar.
BO TRABALLO, MARIÑEIROS!!!

Coincidindo coa semana na que celebramos o día da Paz, o noso alumnado, desprazouse a Forcarei para compartir co Ceip Nosa Señora das Dores, unha xornada moi divertida onde os Bolechas lles mostraron ao alumnado e profesorado, unha chea de valores que están presentes na Constitución. Aprendemos moito e botámonos unha boas risotadas.

Esta actividade está dentro do programa FalaRedes e o se título é:”Terrícolas igualiños igualiñas”.

O programa non se limita ao día da actuación, xa que hai xogos  e a posibilidade de participar nun concurso onde o premio serán lotes de libros dos Bolechas. Poderedes entrar premendo no seguinte enlace:

XOGOS E CONCURSO

Moitas grazas ao Ceip Nosa Señora das Dores por ser tan bo anfitrión e tamén á Consellería de Educación que nos brindou esta oportunidade.

 

       
OS BOLECHAS