SUSA HERRERA, estivo no centro o venres 15 de marzo.
Premede na imaxe do seu libro e descubride que día tan marabilloso pasamos con ela, ademais de aprender moreas de cousas moi interesantes:
O xoves 11 de maio contamos no centro coa compañía de Pablo Seoane.
Grazas a este gran gaiteiro, desfrutamos dunha xornada de aprendizaxe lúdico onde Pablo nos sumerxiu na maxia da nosa música tradicional e popular.
Podedes ver unhas imaxes deste CONCERTO-CHARLA DIDÁCTICA SOBRE INSTRUMENTOS POPULARES E TRADICIONAIS.
O 25 de febreiro recibimos unha visita fantástica:
“OS BOLECHAS”
Esta vez, viñéronnos a contar que son os RAEE: Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos.
Ademais de aprender un montón, pasámolo xenial, cantamos e rimos moito. Aquí vos deixamos un enlace á páxina web, para que teñades máis información sobre este tema que tanto nos debería importar, e así poderedes convertirvos en superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.
PREMEDE NO ENLACE E PODEREDES PERTENCER AO MOVEMENTO RAEE DOS BOLECHAS E MESMO TER O CARNE DE SUPERHEROES RAEE:
E.. ollade, que ben o pasamos!!!
Coincidindo coa semana na que celebramos o día da Paz, o noso alumnado, desprazouse a Forcarei para compartir co Ceip Nosa Señora das Dores, unha xornada moi divertida onde os Bolechas lles mostraron ao alumnado e profesorado, unha chea de valores que están presentes na Constitución. Aprendemos moito e botámonos unha boas risotadas.
Esta actividade está dentro do programa FalaRedes e o se título é:”Terrícolas igualiños igualiñas”.
O programa non se limita ao día da actuación, xa que hai xogos e a posibilidade de participar nun concurso onde o premio serán lotes de libros dos Bolechas. Poderedes entrar premendo no seguinte enlace:
Moitas grazas ao Ceip Nosa Señora das Dores por ser tan bo anfitrión e tamén á Consellería de Educación que nos brindou esta oportunidade.
O pasado luns o patio do colexio mudou o seu aspecto habitual para converterse nun circuito onde peóns, ciclistas e condutores de karts foron os auténticos protagonistas!
Persoal da “Dirección General de Tráfico” (DGT) estivo no cole ofrecendo un taller de Educación Vial. Primeiramente, unha parte teórica a través dunha charla que a continuación se complementou coa parte práctica. Cales son as normas cando somos peóns e cando somos condutores?Os nosos peques tivérono claro…
Infantil, 1º e 2º subíronse as súas bicis e, a pesar de que chovía un pouco, non deixaron de poñer en práctica o aprendido e disfrutar un montón…
Os máis maiores estiveron super emocionados conducindo os karts e tamén simulando ser peóns…
Ollade as fotos e poderédelo comprobar!!!
O pasado día 2 a Asociación de Nais e Pais, ANPA MEIXOEIRO, do noso cole en colaboración co concello de Forcarei organizaron unha xornada de hixiene bucal para o alumnado do centro. Esta actividade contou coa participación do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia. Moitísimas grazas por todo o que nos ensinastes!!!
O pasado martes 26, como xa sabedes Paco Nogueiras visitou o cole e contounos varios contos. Aquí tendes unha mostra fotográfica do ben que o pasamos tanto os nenos e nenas como tamén o profesorado.
Tamén podedes ver un vídeo resumo da súa visita a nosa biblioteca, clicando no seguinte link:
https://drive.google.com/file/d/0B-BkG4wI0jvHTTBINUcydlRwZjA/view
Mañá martes, contaremos coa visita do actor, músico e narrador PACO NOGUEIRAS
nunha sesión a partir da obra CANTAROLAS do recentemente desaparecido Xosé Neira Vilas. A visita á súa casa, á súa aldea e as cancións compostas a partir dos seus poemas artellarán o fío narrativo dunha emotiva e divertida sesión chea de música e contos. Despois da chúvia, O poliño da aveleira, O pito cairo , Paxariña de
papel ou Imos cazar un oso son alguhas das historias que, de seguro, cativarán a pequenos e maiores.
Esta é a carta que nos mandou, podedes clicar na imaxe para vela:
Recordamos que esta actividade levarase a cabo gracias a editorial Kalandraka, polo inversión do noso centro para a renovación de novos materiais para a biblioteca.