Estamos encantados de mostrarvos o traballo deste ano do noso FESTIVAL DE NADAL.

En primeiro lugar, PARABÉNS ao noso alumnado polo seu traballo e esforzo.

Queremos agradecer ás familias e a ANPA por acompañarnos e axudarnos neste día tan especial que xa levabamos dous cursos botando moito de menos.

Deixámosvos dous vídeos: no primeiro veredes as actuacións gravadas en vídeo, e no segundo algunhas imaxes dese día.

Neste trimestre o alumnado do centro estivo acudindo en dúas xornadas diferentes  a unhas charlas sobre Igualdade. Estas charlas estiveron organizadas pola ANPA Meixoeiro.

 

CHARLA IGUALDADE I

 

CHARLA IGUALDADE II

COMO BROCHE FINAL A ESTA ACTIVIDADE O NOSO ALUMNADO GUIADO POR ANA, DECOROU O CORREDOR DA ENTRADA DA NOSA BIBLIOTECA.

MIRADE QUE ARTISTAS TEMOS NO CENTRO: 

Diseño de ROSA ARES PAZOS

Para poñer o broche final a este día tan especial, o Concello de Forcarei, convidounos a realizar unha actividade xunto co CEIP Nosa Señora das Dores, onde cada neno-a levou unha man de cartolina que representaba  STOP VIOLENCIA, e nela escrita unha oración rexeitando este tipo de condutas.

Logo todos-as asistimos á lectura dun MANIFESTO por parte da Concellería de Igualdade.

MOITAS GRAZAS AO CONCELLO DE FORCAREI POR FACERNOS PARTÍCIPES DESTA ACTIVIDADE

Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día tan importante para toda a sociedade: