Con motivo do 40º aniversario da Constitución Española o alumnado de 3º,4º,5º,e 6º de Primaria acudeu ao Concello de Forcarei para participar en diversas actividades lúdicas organizadas dende o propio concello.

O alumnado foi recibido pola propia alcaldesa, Belén Cachafeiro e polo concelleiro José Francisco Bouzas.

Entre outras actividades, visitaron as diferentes dependencias do concello,  participaron nun pleno infantil no que xuraron o seu cargo como concelleiros, nombraron como alcaldesa a Clara Troitiño e debatiron varias propostas para mellorar a vida do noso concello: aumentar axudas para as persoas máis necesitadas, traballar no coidado do medio ambiente e facer un campo de fútbol de herba natural.

Dende o centro queremos agradecer ao Concello esta actividade que  dun xeito lúdico, práctico e moi motivador, achega ao alumnado ao funcionamento do Concello, así mesmo tamén agradecemos a dotación que recibimos como agasallo para a nosa biblioteca (exemplares das diferentes constitucións da historia de España)

Podedes ollar as imaxes dese día no seguinte enlace do facebook do Concello de Forcarei.

FACEBOOK DO CONCELLO DE FORCAREI