Chegou esta festa tan esperada e divertida.
Este curso xa pola mañá fixemos diversas actividades para traballar esta tradicional festa: os máis pequenos xogaron a BOOM!! e os maiores fixeron un Kahoot por Equipos!! Ao rematar, e co permiso da climatoloxía, desfrutamos no patio dunha xornada de “Xogos Tradicionais”
BOOM DE INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA
KAHOOT PARA O 2ºe 3º CICLO DE PRIMARIA
(Premede sobre a palabra KAHOOT para poder velo)
KAHOOT
Despois asamos as castañas e algunhas cousiñas máis que estaban riquíisimas.
Temos que agradecer estas delicias aos encargados da grella: Miguel e Rufino.
MOITÍÍÍÍSIMAS GRAZAS
Aquí podedes ver un vídeo testemuña deste marabilloso día:
Ademais algúns alumnos-as do colexio cantaron e recitaron poemas relacionados coa temática: