MOCHILAS VIAXEIRAS

O 23 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares no noso centro. Como sempre, a profe Uxía repartiu os carnés, informou do funcionamento e partes da Biblioteca  e deu o pistoletazo de saída ás mochilas viaxeiras.

 

 

 

 

 

 

 

Este curso como novidades temos:

1º ACREDITACIÓNS DOS NOVOS ALUMNOS COLABORADORES DA BIBLIOTECA.

2º SUSCRICIÓN Á REVISTA PAPAGAIO 

3º O LECTÓMETRO

O alumnado de Primaria poderá contabilizar os libros lidos este curso coa axuda do lectómetro que está na nosa Biblioteca.

4º A MÁQUINA DA VERDADE

O alumnado que lea o mesmo libro poderá someter ao seu compañeiro-a de lectura ao polígrafo con preguntas sobre o mesmo. Primeiro terán que ler o libro e formular as preguntas na seguinte solicitude dirixida a Ratoteca, a mascota da nosa Biblioteca.

Unha vez que Ratoteca lle comunique o día e a hora, poderán xogar.