As novidades chegan á biblioteca para acompañarvos durante as vacacións de Semana Santa. Non esquezades facernos unha visita!
O mércores día 27 de marzo o alumnado de 3º e 4º, xunto con dúas mestras desprazouse a Pontevedra para desfrutar dunha obra de teatro de AFUNDACIÓN: “Bon Appetit”(dos Ghazafellos)
Gustounos moito, xa que mesturaba as receitas de Álvaro Cunqueiro con teatro, música, títeres e xogos de palabras nun enredo cheo de humor.
O martes 26 de marzo disfrutamos dunha nova xornada de deporte dentro do Xogade.
Esta vez tocounos ser os anfitrións e recibimos de moi boa gana aos nenos e nenas do CEIP San Xoán Bautista de Cededo-Cotobade.
Disfrutamos de fútbol, baloncesto e balonmán, nun ambiente moi deportivo, cun gran esforzo do alumnado pero á vez, e máis importante, nun ambiente de compañeirismo e deportividade.
MOI BEN POLO ALUMNADO DOS DOUS COLEXIOS!!!