Con motivo do día da muller traballadora, entre o alumnado de 3º,4º,5º e 6º do Ceip Nosa Señora das Dores e o alumnado do noso centro creamos un Padlet para xogar a QUEN É A PIONEIRA?
É un xogo parecido ao: “Quen é quen?”, pero con mulleres Pioneiras de Galicia. Os debuxos e a información recollida nas fichas enlazadas as imaxes foi elaborada polo alumnado dos dous centros, baseándose nos dous libros da Editorial Xerais:
“Pioneiras galegas que abriron camiño”
e “Pioneiras 2”
A finais do trimestre xogaremos entre os dous centros por videoconferencia.
Por se alguén máis se anima a xogar as instrucións están escritas no Padlet que vos mostramos a continuación:
BRAVO POR ESTAS 23 MULLERES PIONEIRAS!!!
Ademais deste xogo, nesta mesma semana do 8 ao 12 de marzo, tivemos unha visita moi especial que queremos agradecer tanto ao Concello de Forcarei como a Basilisa Fiestras.
O concello de Forcarei decidiu facer unha homenaxe ás mulleres do seu concello, e para iso, encargou á artista forcareicense un mural que poderedes ver a continuación e que está nas paredes do pavillón municipal Paco Rubio. Esta obra pon de manifesto o papel da muller na historia e na cultura do noso concello.
Se queredes saber máis sobre a historia deste mural, as mulleres que están representadas, ou algunha outra curiosidade, deixámosvos un enlace á páxina do Concello, para que vos informedes.
No colexio tivemos a gran oportunidade de recibir a Basilisa Fiestras, que nos contou a historia dalgunha destas mulleres e algún segredo sobre a simboloxía do mural.
Aproveitando a súa presenza, tamén nos puxo en coñecemento doutras obras súas. Algunhas das que máis gustaron ao noso alumnado foron as esculturas e un vestido feito con lambonadas:
MOITÍSIMAS GRAZAS, BASILISA, FOI UN PRACER COÑECER A UNHA ARTISTA DO NOSO CONCELLO!!!
ESPERAMOS QUE VOLTES AXIÑA POLO NOSO COLEXIO!!!