O día 15 de febreiro saímos do cole pola mañá e voltamos á tardiña. Esta saída está relacionada co proxecto que estamos a traballar este ano sobre “MERGÚLLATE NA BIBLIOTECA”. Pero non regresamos igual que marchamos. Nas nosas cabeciñas, trouxemos un montón de información que recibimos a través de todos os nosos sentidos: vimos moitas cousas, escoitamos relatos e informacións sorprendentes, tocamos e experimentamos, cheiramos e degustamos unha comida na compaña de todos os compañeir@s e profes. E tamén sentimos extraordinarias sensacións.

Pero… olládeo vós mesmos.

 

PRIMEIRA VISITA DA MAÑÁ: A DOMUS OU CASA DO HOME

 

 

PRIMEIRA VISITA DA TARDE: AQUARIUM OU CASA DOS PEIXES.

SEGUNDA VISITA DA TARDE: CASA DAS CIENCIAS (PLANETARIO) 

 

Con motivo do 40º aniversario da Constitución Española o alumnado de 3º,4º,5º,e 6º de Primaria acudeu ao Concello de Forcarei para participar en diversas actividades lúdicas organizadas dende o propio concello.

O alumnado foi recibido pola propia alcaldesa, Belén Cachafeiro e polo concelleiro José Francisco Bouzas.

Entre outras actividades, visitaron as diferentes dependencias do concello,  participaron nun pleno infantil no que xuraron o seu cargo como concelleiros, nombraron como alcaldesa a Clara Troitiño e debatiron varias propostas para mellorar a vida do noso concello: aumentar axudas para as persoas máis necesitadas, traballar no coidado do medio ambiente e facer un campo de fútbol de herba natural.

Dende o centro queremos agradecer ao Concello esta actividade que  dun xeito lúdico, práctico e moi motivador, achega ao alumnado ao funcionamento do Concello, así mesmo tamén agradecemos a dotación que recibimos como agasallo para a nosa biblioteca (exemplares das diferentes constitucións da historia de España)

Podedes ollar as imaxes dese día no seguinte enlace do facebook do Concello de Forcarei.

FACEBOOK DO CONCELLO DE FORCAREI