Día das Bibliotecas Escolares

Este ano contamos coa axuda do “Pequeno Cabaret Infantil”, que nos trasladou ao

mundo máxico dos contos, vivenciándoos a través da representación, música e

improvisación. Foi unha mañá máxica onde contos clásicos moi coñecidos mudaron

diante dos nosos ollos,  grazas a creatividade do noso alumnado.

ACTIVIDADES DA SEMANA DE SAMAÍN

(27-30 de outubro)

ORDES DE OSIÑOS

 

O BAILE

Samaín está cada vez máis preto e no cole estamos a preparar unha sorpresa moi especial: imos gravar unha coreografía con todo o alumnado!

Para que ese día saia xenial, deixámosvos aquí o vídeo coa coreografía. Pedímosvos que practiquedes na casa para que todos e todas poidamos bailar xuntos o día da gravación.

Moitas grazas pola vosa colaboración e por formar parte desta actividade tan divertida!

Premede no vídeo, aprendede os pasos e… a bailar con moito espírito de Samaín!

 

 Coreografía “de costas” 

https://youtu.be/6sjaCDc74r0

Coreografía “de frente”

https://youtu.be/G6tjD5eQo4I

E CHEGOU O GRAN DÍA: obradoiros, bailes, castañas asadas…

DIVERSIÓN E TERROR GARANTIZADOS!!