Día das Bibliotecas Escolares
Este ano contamos coa axuda do “Pequeno Cabaret Infantil”, que nos trasladou ao
mundo máxico dos contos, vivenciándoos a través da representación, música e
improvisación. Foi unha mañá máxica onde contos clásicos moi coñecidos mudaron
diante dos nosos ollos, grazas a creatividade do noso alumnado.