Saída ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Seguindo as actividades da semana da prehistoria, o mércores 26 de abril de 2026, o alumnado do CEIP Avelino Cachafeiro desfrutou dunha saída didáctica ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, unha xornada na que puidemos achegarnos á nosa prehistoria dun xeito vivencial, divertido e moi enriquecedor.

Durante a visita percorremos o parque, coñecemos diferentes petróglifos e aprendemos máis sobre o seu significado e a súa importancia. Tamén visitamos a recreación dun antigo poboado, participamos en obradoiros de reprodución de petróglifos con distintas técnicas e descubrimos como se facía o lume na Prehistoria. Ademais, o alumnado puido gozar do labirinto metálico do parque, inspirado nun dos motivos rupestres máis coñecidos.

Foi unha actividade na que se combinaron aprendizaxe, convivencia e diversión, permitindo que os nenos e nenas se achegasen á historia dun xeito moi especial.

Esta saída foi organizada en colaboración coa ANPA Meixoeiro do centro, á que queremos agradecer sinceramente a súa implicación e a posibilidade de facer realidade esta experiencia didáctica e lúdica ao mesmo tempo.

A continuación, compartimos o vídeo resumo desta xornada.

O xoves 21 de marzo como broche final ao traballo do 2º trimestre desfrutamos dunha xornada de  teatro. Desprazámonos ata Vilagarcía de Arousa para desfrutar da actuación da obra de teatro do Rei León.  Ademais puidemos compartir a xornada unha vez máis co CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei.

PREMEDE NA IMAXE PARA VER ALGUNHAS IMAXES DESTE DÍA

O martes 21 de marzo, participamos nunha actividade conxunta entre o CEIP Soutelo de Montes, A Mancomunidade de Montes de Vilapouca e o Distrito Forestal XVI.

O día da árbore comezou cunha camiñata ata o monte comunal de Vilapouca onde o alumnado, profesorado e axentes forestais ademais dos comuneiros de Vilapouca compartimos grandes momentos. Podedes ver as actividades que realizamos e canto aprendimos e nos divertimos.

 

                                                  

VIVA A NATUREZA!!!

LEMBRADE QUE HAI QUE COIDALA MOITO!!! 

O mércores día 27 de marzo o alumnado de 3º e 4º, xunto con dúas mestras desprazouse a Pontevedra para desfrutar dunha obra de teatro de AFUNDACIÓN: “Bon Appetit”(dos Ghazafellos)

Gustounos moito, xa que mesturaba as receitas de Álvaro Cunqueiro con teatro, música, títeres e xogos de palabras nun enredo cheo de humor.