O martes 21 de marzo, participamos nunha actividade conxunta entre o CEIP Soutelo de Montes, A Mancomunidade de Montes de Vilapouca e o Distrito Forestal XVI.
O día da árbore comezou cunha camiñata ata o monte comunal de Vilapouca onde o alumnado, profesorado e axentes forestais ademais dos comuneiros de Vilapouca compartimos grandes momentos. Podedes ver as actividades que realizamos e canto aprendimos e nos divertimos.
VIVA A NATUREZA!!!
LEMBRADE QUE HAI QUE COIDALA MOITO!!!