XXI FESTA DOS COGOMELOS DE SOUTELO

 

Como vén sendo xa habitual nas últimas edicións, a Asociación Socio-Cultural Can de San Roque convidounos a colaborar con eles para confeccionar o cartel desta tradicional festa.

Presentamos a continuación as propostas que deseñamos dende o centro:

Este ano a asociación decidiu empregalos todos como así o comunicou nas súas redes sociais.

Podedes premer no enlace e ver a publicación cos nosos traballos:

https://www.instagram.com/p/DPhNLqdjPGb/

 

O cartel de Infantil foi a base para publicitar o Concurso de Cestas:

 Podedes acceder a máis información no seguinte enlace: https://www.instagram.com/p/DQM73uMDJYI/

 

O cartel de 1º/2º de Primaria anuncia a andaina que se levará a cabo ese día:

 Podedes acceder a máis información no seguinte enlace: https://www.instagram.com/p/DP7GsRzDJ-d/

 

O cartel de 3º/4º servirá para dar a coñecer o programa e os prezos das actividades dese día:

 Podedes ver máis información neste enlace:https://www.instagram.com/p/DQfE5iVDIyy/

 

 

Por último o cartel coa programación do propio día é o de 5º/6º de Primaria:

 Podedes acceder a máis información no seguinte enlace:

 https://www.instagram.com/reel/DPpEYffDE1K/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

 

 Deixámosvos o enlace das redes sociais da Asociación para que poidades consultar toda a información desta XXI edición da festa.

Non vos perdades esta gran cita o vindeiro domingo día 9 de novembro!!

https://www.facebook.com/terrademontes/

https://www.instagram.com/asoc.ocandesanroque/

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: 24 DE OUTUBRO DE 2025

 

O día 24 de outubro celebramos no CEIP Avelino Cachafeiro o “Día das Biblitecas escolares 2025”  

Este ano contamos coa axuda do: “Pequeno Cabaret Infantil” que nos trasladou ao mundo máxico dos contos, vivenciándoos a través da representación, música e improvisación. Foi unha mañá máxica onde contos clásicos moi coñecidos mudaron diante dos nosos ollos,  grazas a creatividade do noso alumnado.

ACTIVIDADES DA SEMANA DE SAMAÍN

(27-30 de outubro)

ORDES DE ÓSIÑOS

 

O BAILE

Samaín está cada vez máis preto e no cole estamos a preparar unha sorpresa moi especial: imos gravar unha coreografía con todo o alumnado!

Para que ese día saia xenial, deixámosvos aquí o vídeo coa coreografía. Pedímosvos que practiquedes na casa para que todos e todas poidamos bailar xuntos o día da gravación.

Moitas grazas pola vosa colaboración e por formar parte desta actividade tan divertida!

Premede no vídeo, aprendede os pasos e… a bailar con moito espírito de Samaín!

 

 Coreografía “de costas” 

https://youtu.be/6sjaCDc74r0

Coreografía “de frente”

https://youtu.be/G6tjD5eQo4I

E CHEGOU O GRAN DÍA: obradoiros, bailes, castañas asadas…

DIVERSIÓN E TERROR GARANTIZADOS!!

 

Durante este curso traballamos un PDI que se levará a cabo en 2 cursos académicos (24-25 e 25-26) Durante este curso centrámonos nos animais vertebrados.

No seguinte enlace tedes acceso á memoria descritiva e gráfica do traballo levado a cabo durante este curso. Só nos queda felicitar ao noso alumnado polo seu traballo, esforzo e gran creatividade que poderedes ver nas imaxes e vídeos que así o documentan.

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN: