CARTEL DA PAZ CON REALIDADE AUMENTADA

O alumnado elaborou un cartel da pomba da paz utilizando as súas mans pintadas, simbolizando que a paz constrúese entre todos e todas.

O cartel inclúe dous códigos QR que permiten descubrir contidos creados polo alumnado:

  •  Un vídeo no que se converten en magos da paz, e
  • Unha coreografía da “Mochila da Paz”, onde se traballan valores como o respecto, a amizade e a convivencia.

 

Unha actividade creativa que combina arte, movemento e tecnoloxía para lembrar que a paz se constrúe cada día. 

Aquí vos deixamos os dous vídeos enlazados:

CHEGOU…  O ENTROIDO!! 

As Ordes de Osiños xa están aquí 

No noso cole xa se empeza a notar…
cheira a festa, música, cores, movemento… e moitísimas ganas de pasalo ben!

Durante esta semana celebraremos o Entroido seguindo as divertidas Ordes dos Ósiños. Cada día teremos unha proposta diferente para vir ao colexio caracterizados. 

Lede moi ben: hai días para quentar motores, días de acción pura, tamén días de relaxación e outros de imaxinación; en fin…

LEDE BEN

 

A verdade é que este ano as ordes de Ósiños fixeron saltar a creatividade e imaxinación do noso alumnado. Aquí tedes algúns exemplos do que foi esta semana no centro:   

Aquí vos deixamos un vídeo con algúns dos momentos máis especiais da nosa celebración de fin de ano. Foi unha xornada chea de alegría e convivencia, na que despedimos xuntos un curso cheo de aprendizaxes e experiencias compartidas. Grazas a toda a comunidade educativa por acompañarnos neste peche tan especial.

Bo Nadal e feliz Aninovo para todas e todos!

 

O CEIP Avelino Cachafeiro deséxavos unhas felices festas.

 

 

Aquí tedes dous  vídeos onde se recollen as actuacións do Festival Nadal do ano 2025 do CEIP Avelino Cachafeiro. No 1º poderedes ver as distintas actuacións e no segundo fotos das mesmas. Parabéns ao alumnado e profesorado por tan estupendo traballo e moitas grazas ás familias por compartir con nós un día tan especial para o noso centro:

ACTUACIÓNS EN VÍDEO  

 

ACTUACIÓNS EN IMAXES: