Con motivo da celebración das Letras Galegas, coñecimos a vida e obra do autor homenaxeado este ano 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. 

Nesta tarefa o alumnado para coñecer a este autor tivo que convérterse en artista e deseñar unha caricatura, logo coas dúas premiadas confeccionamos marcapáxinas que repartimos polo pobo. Os máis maiores do centro tiveron que programar e traballar coa robótica para acceder a diversa información sobre a vida e obra do autor.

Temos que agradecer a Francisco Fernández del Riego todo o amor e traballo que realizou en prol de Galicia.

AQUÍ VAI A NOSA HUMILDE HOMENAXE 

<

Tamén se traballou este día dende Educación Física.

Coincidindo coa celebración das Letras Galegas levouse a cabo, dende a área de educación física, a aprendizaxe dun baile galego. Neste caso a canción que interpretaron é a muiñeira de Chantada. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

 

 

LETRAS GALEGAS 2022

 FLORENCIO M. DELGADO GURRIARÁN

 

E_20161111 As letras de Florencio - UPV/EHU

Florencio Manuel Delgado Gurriarán    Florencio Delgado Gurriarán firma 1970.jpg

 

Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi   un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985). Encargouse da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.

Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 tendo en conta catro aspectos fundamentais: a súa obra poética, catro libros con diferentes rexistros; a súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos nun tempo adverso que el mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro; as terras de Valdeorras, coa súa cultura, tradicións, patrimonio histórico (material e inmaterial) e lingua; o entusiasmo, a colaboración, a demanda explícita que as institucións e as xentes dos concellos e as asociacións de Valdeorras lle transmitiron á Academia para que o ano 2022 fose o Ano Florencio Delgado.

Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: KorgomófiloNadelPorto do RíoXan do SilSil e R. Miño.

 

 

 

Todos los libros del autor Delgado Gurriaran Florencio

 

 

 

 

 

 

Este é un gran traballo feito polo alumnado do CEIP Soutelo de Montes e polo alumnado do CPI Atios de Valdoviño.

Na seguinte presentación, primeiro, veredes unha parte de documentación sobre dous aspectos: AS REGUEIFAS e a escritora XELA ARIAS (autora homenaxeada este ano 2021 no día das Letras Galegas)

Nesta documentación e actividades baseáronse os alumnos e alumnas para logo regueifar sobre a vida e obra de Xela Arias, conseguendo así un doble obxectivo que é: acercarnos a esta marabillosa tradición oral da cultura galega (as regueifas), e coñecer a esta autora innovadora e trangresora. Na parte final da presentación poderedes ver os vídeos das regueifas compostas e cantadas polo alumnado e mesmo tamén por algunhas mestras.

Non perdades a oportunidade de apreciar un traballo tan completo e ao mesmo tempo divertidísimo. Estamos seguros de que a moitos dos alumnos e alumnas lles van quedar as regueifas e a obra de Xela Arias nun recantiño dos seus corazóns, que é onde os coñecementos perduran para sempre.

PARABÉNS AO ALUMNADO DOS DOUS CENTROS EDUCATIVOS!!!

 

O próximo luns, 17 de maio, celebramos o sempre esperado Día das Letras Galegas e nós xa estamos preparados! Na biblio tedes á vosa disposición libros relativos ás diferentes figuras ás que se lle adicou este día os últimos anos resaltando os da homenaxeada neste 2021: Xela Arias. Agardo a vosa visita! 

Como ben sabedes o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano dedícanse a Ricardo Carballo Calero, un escritor ferrolán moi comprometido coa lingua galega. Xa que non podemos celebrar este día na nosa biiblioteca ímolo facer desde as nosas casas, pero… como? “As Pitas Baixo a Choiva” é un relato autobiográficio de Ricardo Carballo Calero que sei que vos vai encantar. Por iso vos deixo este enlace para gozar da historia:

Gustouvos, verdade? Propóñovos agora unhas actividades interactivas sobre esta historia, seguro que as faredes xenial!

As pitas baixo a chuvia

Para celebrar o Día das Letras Galegas 2019, decidimos seguir o exemplo de Antón Fraguas, escritor homenaxeado este ano.

Antón era un gran defensor das tradicións e costumes das aldeas e pequenas vilas. Un dos temas sobre os que escribiu foron as Romarías, así que, nós despois de informarnos sobre a súa vida e traballo decidimos seguir o seu exemplo e falar das romarías do noso concello. Ao mesmo tempo o alumnado de 4º de primaria do CPI Atios de Valdoviño axudounos investigando sobre as romarías da súa zona.

Deste xeito decimos compartir a información a través dunha plataforma que nos fose doada de empregar para que os nenos e nenas puidesen traballar de xeito autónomo.

A plataforma empregada é PADLET e a nosa tarefa chámase:

“ROMARÍAS DO MAR E DO INTERIOR”

Hecho con Padlet

Esta semana celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. No 2018 e despois de 56 edicións adícaselle á cuarta muller, MARÍA VICTORIA MORENO, extremeña de nacemento pero que desde que descubriu o galego, entregou a súa vida a promocionalo e defendelo.

No cole tivemos moita sorte coa ANPA MEIXOEIRO porque agasallaron a todo o alumnado e tamén á biblioteca do centro cunha das obras da autora: LEONARDO E OS FONTANEIROS, así que…moitísimas grazas.