LETRAS GALEGAS

Chegado o 17 de maio homenaxeamos a Luísa Villalta facendo referencia á súa paixón pola literatura e a música. Así, o alumnado de educación infantil realizou uns preciosos Violinos e o de 5º e 6º cursos de primaria creou un poema sobre a vida da autora galega. 

Ademais o alumnado de 3º e 4º de Primaria imprimiu, plastificou e maquetou un xogo sobre a vida e obra da autora proporcionado por POLOS CREATIVOS:

E coa axuda da profe Fani, déronlle un toque persoal ao xogo confeccionando esta preciosa bolsa para poder levalo polo centro e así xogar todos e todas:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *