As novidades non paran de chegar a Bibliosoutelo! Coma de costume temos libros moi divertidos, interesantes e entretidos, pero desta vola temos, ademais, “Geronimo Stilton: Las Aventuras de Marco Polo”, agasallado por Le Grand Martin na semana da celebración do Día do Libro. Moitas grazas! 

 

O noso expositor de libros relacionados co noso proxecto non para de medrar! Recordade visitalo tamén en busca de novidades! 

 

 

Aquí tedes as novidades que nos acompañarán estas semanas!

 

 

Fixástesvos ben?! Si, si, temos dous exemplares adicados á figura de Antón Fraguas, o autor ao que se lle dedican as Letras Galegas 2019. Vide canto antes ollalos!

Como xa sabedes, este curso vivimos mergullados nos mares e océanos. Así que, con motivo do día do libro, decidimos escribirlle unhas rimas ben fermosas a estes mares e océanos que cada vez coñecemos e queremos máis.

INFANTIL: océanos

 

 

 

 

 

 

 

1º/2º PRIMARIA: peixes

 

 

 

 

 

 

 

 

3º/4º PRIMARIA: naufraxios

5º/6º PRIMARIA: romarías.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E logo, todos a mergullarse nas augas do noso Océano máis poético:

 

 

 

O día do libro, este curso, celebrámolo na biblioteca.

Por alí apareceu…UN LIBRO!!!

E ABRACADABRA…. PATA DE CABRA!!!!

TROUXO CON EL………... UN MAGO!!!

 E O MAGO MARTÍN EXPLICOUNOS UN POUQUIÑO DAS AVENTURAS DE MARCO POLO PERO…. CON MAXIA.

O MAGO REGALOUNOS O LIBRO PARA A NOSA BIBLIOTECA E DEDICOUNOS UNHAS PALABRAS FERMOSÍSIMAS. MOITAS GRAZAS SEÑOR MAGO, PASÁMOLO XENIAL E APRENDIMOS BEN COUSAS, AGORA TEMOS MOITAS GANAS DE LER ESE LIBRO TAN EMOCIONANTE.

 

 

 

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS MÁIS IMAXES DO NOSO AMIGO O MAGO E OS SEUS AXUDANTES: