Mes: octubre 2023
Día das Escritoras
Con motivo do Día das escritoras o alumnado do 5º e 6º cursos participaron nunha xincana literaria na nosa biblio. Seguindo pistas tiveron que reunir pezas duns crebacabezas e descubrir que escritora galega se escondía en cada un. Fixérono xenial!
PREPARANDO O SAMAÍN 2023!!
XA SE ACHEGA O SAMAÍN!!
Este curso celebrarémolo o martes 31 de outubro, pero nestas semanas previas propoñémosvos varias actividades relacionadas coa decoración e ambientación do colexio:
1ª CREACIÓN DE VASOIRAS TERRORÍFICAS:
2º TALLERES DE MANUALIDADES TERRORÍFICAS:
3ª “AS ORDES DE ÓSIÑOS”
E…como xa queda menos para o Samaín, xa apareceu polo colexio o noso amigo “Ósiños” que como cada ano por estas datas, axúdanos a estar TERRORÍÍÍÍÍFICOS!!!!!
As ordes deste ano son:
Estamos desexando vervos o luns!!!!
E VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PRESENTACIÓN ONDE SE PODEN VER OS RESULTADOS DESTAS TRES PROPOSTAS:
O fin da festa foi o propio día 31 de outubro onde o alumnado se repartiu en grupos internivel para realizar diversos talleres:
– Obradoiro de cociña terrorífica: neste obradoiro leváronse a cabo a creación de diversos platos para crear merendas terroríficamente ricas e divertidas.
– Obradoiro da escuridade: o obxectivo deste obradoiro foi levar a cabo a creación dun monstro xuntando as pezas que o alumnado foi descubrindo na penumbra da aula coa axuda dunha lanterna.
– Obradoiro de texturas noxentas: neste obradoiro o alumnado debía atopar un número exacto de bichos, somerxendo as mans nas diferentes caixas que contiñan texturas noxentas.
– Obradoiro de xogos activos: o obxectivo principal deste obradoiro foi promover o exercicio físico nos nenos e nenas a través de diversos xogos con temática de Samaín.
– Obradoiro de robótica: neste obradoiro leváronse a cabo diferentes actividades relacionadas coa aprendizaxe da programación para que o alumnado vaia adquirindo certas destrezas no mundo da programación informática e a robótica educativa.