PROGRAMA XOGADE CURSO 2025-2026

PRIMEIRA XORNADA

O pasado mércores 4 de febreiro de 2026 o alumnado do noso centro participou nunha xornada do programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Desprazámonos en autobús ata o centro Nosa Señora das Dores de Forcarei, onde o alumnado de Soutelo, en colaboración co colexio de Cerdedo, enfrontouse ao equipo de Forcarei en diferentes modalidades deportivas: baloncesto, fútbol e balonmán.

Foi unha mañá chea de actividade física, compañeirismo e respecto, na que os nenos e nenas gozaron do deporte e demostraron unha excelente deportividade, celebrando cada xogada e animándose mutuamente.

Agradecemos ao centro anfitrión a súa acollida e felicitamos ao alumnado pola súa actitude.

A continuación podedes ver o vídeo resumo da xornada.

SEGUNDA XORNADA

O venres 6 de marzo, o noso centro en colaboración co CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo-Cotobade, desprazámonos ata o CEIP de Tenorio para desfrutar dunha mañá de convivencia, colaboración e deporte. 

O alumnado dos tres centros educativos compiteu nas modalidades de fútbol e baloncesto, demostrando unha vez máis que o deporte vai máis alá de gañar ou perder, vai de saúde, de desfrutar, de socializar, de inculcar valores como o esforzo e a deportividade… e todo o alumnado demostrou ser un gran CAMPEÓN en todos estes aspectos.

MOITAS GRAZAS AO CEIP DE TENORIO POLA ACOLLIDA E TAMÉN A TODO O ALUMNADO POR PARTICIPAR CON TANTA DEPORTIVIDADE. 

 

TERCEIRA XORNADA

O 15 de abril de 2026, o alumnado do CEIP Avelino Cachafeiro de Soutelo de Montes e do CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo participou na terceira xornada de deporte escolar do programa Xogade, celebrada no CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro.

Foi unha mañá chea de movemento, ilusión e compañeirismo, na que os nenos e nenas gozaron competindo en fútbol, balonmán e baloncesto.

Deixámosvos un vídeo resumo desta xornada deportiva tan especial!

CUARTA XORNADA

O pasado 8 de maio, o alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria do CEIP Avelino Cachafeiro participou nunha divertida xornada de multixogo no campo das Extremas, en Carballedo. Esta actividade, enmarcada dentro do proxecto de Vida Activa e Deportiva do centro e do programa XOGADE, permitiu ao alumnado gozar dunha xornada de convivencia con outros centros educativos da zona. Ao longo do día, os nenos e nenas participaron en diferentes xogos e actividades, fomentando a actividade física, o compañeirismo, a cooperación e a diversión nun ambiente lúdico e educativo.

Diversión, movemento e compañeirismo

nun día inesquecible para o noso alumnado.

XORNADA DE CLAUSURA

O 5 de xuño alumnado do CEIP Avelino Cachafeiro participou na xornada de clausura do programa XOGADE 2026, unha actividade chea de emoción, convivencia e recoñecementos.

Durante a xornada celebrouse a entrega de medallas e trofeos, na que o noso alumnado puido desfrutar dun momento moi especial compartido con outros centros educativos. Ademais, a mañá estivo acompañada dun ambiente festivo, con música, alegría e moitas ganas de celebrar todo o vivido ao longo do programa.

Esta actividade supuxo unha magnífica oportunidade para fomentar valores como o compañeirismo, o esforzo, a participación, o respecto e a convivencia, aspectos fundamentais no deporte escolar.

Queremos felicitar a todo o alumnado participante polo seu entusiasmo e comportamento, así como agradecer o traballo da nosa profe de Educación Física, Antía, pola súa implicación e dedicación.

Podedes ver o vídeo resumo da xornada aquí:

O mércores 12 de marzo o CEIP Soutelo de Montes e o CEIP Xoán Bautista uníronse para participar nunha xornada de convivencia deportiva no colexio de Tenorio.

O luns 24 de marzo, o CEIP Soutelo de Montes e o CEIP San Xoán Bautista volveron participar xuntos nunha nova xornada de convivencia deportiva, esta vez no colexio CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei.

O venres 4 de abril, o Ceip Soutelo e o CEIP Xoán Bautista recibimos no pavillón de Soutelo ao Ceip Antonio Cerviño.

Aquí vos deixamos un enlace cos vídeos das tres xornadas

ENLACE

O martes 26 de marzo disfrutamos dunha nova xornada de deporte dentro do Xogade.

Esta vez tocounos ser os anfitrións e recibimos de moi boa gana aos nenos e nenas do CEIP San Xoán Bautista de Cededo-Cotobade.

Disfrutamos de fútbol, baloncesto e balonmán, nun ambiente moi deportivo, cun gran esforzo do alumnado pero á vez, e máis importante, nun ambiente de  compañeirismo e deportividade.

 

MOI BEN POLO ALUMNADO DOS DOUS COLEXIOS!!!

 

 

 

Despois de arrancar o proxecto “XOGADE” co xa tradicional CROSS, comezamos as competicións intercentros.

O xoves día 21 de febreiro acudimos a Forcarei, onde competimos moi ben e pasámolo xenial cos nosos compañeiros, amigos e veciños de Forcarei.

Aquí quedan unhas fotos para o recordo:

 

 

Hoxe iniciamos o plan XOGADE coa actividade de CROSS.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria xunto con varios mestres do colexio desprazámonos a Caritel para participar con outros moitos centros da zona.

Os nosos nenos e nenas esforzáronse ao máximo acadando moi bos resultados e algunha medalla tamén.

Moitas grazas pola ilusión e o esforzo que sempre poñedes!!!

Aquí vos deixamos unhas imaxes que dan boa conta desta xornada de Cross.