PROGRAMA XOGADE CURSO 2025-2026

PRIMEIRA XORNADA

O pasado mércores 4 de febreiro de 2026 o alumnado do noso centro participou nunha xornada do programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Desprazámonos en autobús ata o centro Nosa Señora das Dores de Forcarei, onde o alumnado de Soutelo, en colaboración co colexio de Cerdedo, enfrontouse ao equipo de Forcarei en diferentes modalidades deportivas: baloncesto, fútbol e balonmán.

Foi unha mañá chea de actividade física, compañeirismo e respecto, na que os nenos e nenas gozaron do deporte e demostraron unha excelente deportividade, celebrando cada xogada e animándose mutuamente.

Agradecemos ao centro anfitrión a súa acollida e felicitamos ao alumnado pola súa actitude.

A continuación podedes ver o vídeo resumo da xornada.

SEGUNDA XORNADA

O venres 6 de marzo, o noso centro en colaboración co CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo-Cotobade, desprazámonos ata o CEIP de Tenorio para desfrutar dunha mañá de convivencia, colaboración e deporte. 

O alumnado dos tres centros educativos compiteu nas modalidades de fútbol e baloncesto, demostrando unha vez máis que o deporte vai máis alá de gañar ou perder, vai de saúde, de desfrutar, de socializar, de inculcar valores como o esforzo e a deportividade… e todo o alumnado demostrou ser un gran CAMPEÓN en todos estes aspectos.

MOITAS GRAZAS AO CEIP DE TENORIO POLA ACOLLIDA E TAMÉN A TODO O ALUMNADO POR PARTICIPAR CON TANTA DEPORTIVIDADE. 

 

TERCEIRA XORNADA

O 15 de abril de 2026, o alumnado do CEIP Avelino Cachafeiro de Soutelo de Montes e do CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo participou na terceira xornada de deporte escolar do programa Xogade, celebrada no CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro.

Foi unha mañá chea de movemento, ilusión e compañeirismo, na que os nenos e nenas gozaron competindo en fútbol, balonmán e baloncesto.

Deixámosvos un vídeo resumo desta xornada deportiva tan especial!

CUARTA XORNADA

O pasado 8 de maio, o alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria do CEIP Avelino Cachafeiro participou nunha divertida xornada de multixogo no campo das Extremas, en Carballedo. Esta actividade, enmarcada dentro do proxecto de Vida Activa e Deportiva do centro e do programa XOGADE, permitiu ao alumnado gozar dunha xornada de convivencia con outros centros educativos da zona. Ao longo do día, os nenos e nenas participaron en diferentes xogos e actividades, fomentando a actividade física, o compañeirismo, a cooperación e a diversión nun ambiente lúdico e educativo.

Diversión, movemento e compañeirismo

nun día inesquecible para o noso alumnado.

XORNADA DE CLAUSURA

O 5 de xuño alumnado do CEIP Avelino Cachafeiro participou na xornada de clausura do programa XOGADE 2026, unha actividade chea de emoción, convivencia e recoñecementos.

Durante a xornada celebrouse a entrega de medallas e trofeos, na que o noso alumnado puido desfrutar dun momento moi especial compartido con outros centros educativos. Ademais, a mañá estivo acompañada dun ambiente festivo, con música, alegría e moitas ganas de celebrar todo o vivido ao longo do programa.

Esta actividade supuxo unha magnífica oportunidade para fomentar valores como o compañeirismo, o esforzo, a participación, o respecto e a convivencia, aspectos fundamentais no deporte escolar.

Queremos felicitar a todo o alumnado participante polo seu entusiasmo e comportamento, así como agradecer o traballo da nosa profe de Educación Física, Antía, pola súa implicación e dedicación.

Podedes ver o vídeo resumo da xornada aquí:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *