Neste trimestre o alumnado do centro estivo acudindo en dúas xornadas diferentes  a unhas charlas sobre Igualdade. Estas charlas estiveron organizadas pola ANPA Meixoeiro.

 

CHARLA IGUALDADE I

 

CHARLA IGUALDADE II

COMO BROCHE FINAL A ESTA ACTIVIDADE O NOSO ALUMNADO GUIADO POR ANA, DECOROU O CORREDOR DA ENTRADA DA NOSA BIBLIOTECA.

MIRADE QUE ARTISTAS TEMOS NO CENTRO: 

Diseño de ROSA ARES PAZOS

Para poñer o broche final a este día tan especial, o Concello de Forcarei, convidounos a realizar unha actividade xunto co CEIP Nosa Señora das Dores, onde cada neno-a levou unha man de cartolina que representaba  STOP VIOLENCIA, e nela escrita unha oración rexeitando este tipo de condutas.

Logo todos-as asistimos á lectura dun MANIFESTO por parte da Concellería de Igualdade.

MOITAS GRAZAS AO CONCELLO DE FORCAREI POR FACERNOS PARTÍCIPES DESTA ACTIVIDADE

Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día tan importante para toda a sociedade:

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado do 5º e 6º cursos de Educación Primaria escolleron un conto clásico para cambiarlle o final, avogando así pola igualdade de xénero. De entre todos os traballos que elaboraron elixiron como o mellor da clase o da súa compañeira Martina Ogando. Noraboa! Aquí volo deixo para que desfrutedes da súa lectura.

 

 

Ademais desta actividade, para traballar este día tan importante e con tanta relevancia na sociedade actual, o alumnado maior do centro, realizou este mural que vos mostramos. O alumnado de 5º e 6º do centro pretende deixar as súas pegadas e contribuír así á concienciación de toda a comunidade educativa neste problema que tanto nos preocupa.

 

MOI BEN, RAPACES E RAPAZAS!!!

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero fixemos unha selección de libros pola igualdade. Esperamos a  vosa visita! 

 

 

Durante a semana do 25 ao 29 de novembro realizamos diversas actividades relacionadas coa temática da igualdade que vos presentamos a continuación: