DÍA DO LIBRO
Con motivo da celebración do Día do Libro, no CEIP Avelino Cachafeiro realizamos diferentes actividades para achegar ao alumnado ao mundo da lectura dun xeito creativo, motivador e cheo de ilusión.
O alumnado de Educación Infantil participou nunha actividade moi especial elaborando marcapáxinas personalizados coa súa propia imaxe, combinando lectura, creatividade e expresión artística.


Unha das propostas foi a visita do mago Martín, que nos ofreceu o espectáculo “O misterioso Dr Saa”, no que a maxia, os libros e a imaxinación foron os grandes protagonistas. A través dos seus trucos e historias, o alumnado gozou dunha experiencia divertida que nos lembrou que os libros tamén poden abrir portas a mundos sorprendentes.
Foi unha xornada moi fermosa para seguir descubrindo que ler tamén é soñar, crear e deixarse sorprender.














