Día de Rosalía
No 2º trimestre o alumnado de Infantil e Primaria estivo traballando a vida e obra de Rosalía de Castro.
Con motivo do día de Rosalía de Castro levouse a cabo a creación dun mural seguindo o movemento artístico: “pop art”. Neste mural tamén se expuxeron diferentes pistas sobre Rosalía que serviron para respostar a moitas das preguntas feitas nun pasapalabra. Ademais, dende cada aula, investigouse sobre a biografía de Rosalía e fixéronse múltiples actividades e xogos.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.