EDUCACIÓN VIAL COA DGT

O pasado luns o patio do colexio mudou o seu aspecto habitual para converterse nun circuito onde peóns, ciclistas e condutores de karts foron os auténticos protagonistas!

Persoal da “Dirección General de Tráfico” (DGT) estivo no cole ofrecendo un taller de Educación Vial. Primeiramente, unha parte teórica a través dunha charla que a continuación se complementou coa parte práctica. Cales son as normas cando somos peóns e cando somos condutores?Os nosos peques tivérono claro…

Infantil, 1º e 2º subíronse as súas bicis e, a pesar de que chovía un pouco, non deixaron de poñer en práctica o aprendido e disfrutar un montón…

Os máis maiores estiveron super emocionados conducindo os karts e tamén simulando ser peóns…

Ollade as fotos e poderédelo comprobar!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *