Mañá martes,  contaremos coa visita do actor, músico e narrador PACO NOGUEIRAS
nunha sesión a partir da obra CANTAROLAS do recentemente desaparecido Xosé Neira Vilas. A visita á súa casa, á súa aldea e as cancións compostas a partir dos seus poemas artellarán o fío narrativo dunha emotiva e divertida sesión chea de música e contos. Despois da chúvia, O poliño da aveleira, O pito cairo , Paxariña de
papel ou Imos cazar un oso son alguhas das historias que, de seguro, cativarán a pequenos e maiores.

Esta é a carta que nos mandou, podedes clicar na imaxe para vela:

paco

Recordamos que esta actividade levarase a cabo gracias a editorial Kalandraka, polo inversión do noso centro para a renovación de novos materiais para a biblioteca.

Nen@s… estade ben atentos…na Biblio están a acontecer importantes cambios, abride ben os ollos!!!!

Ademais, temos preparada unha sorpresa para o vindeiro martes. Deixamos unha pista…pero o luns contarémosvos máis…

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Dende o equipo de biblioteca e o equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, temos o gusto de presentar un novo proxecto mediante o cal a través da historia “A volta ao mundo en 80 días“, de Julio Verne, visitaremos, investigaremos e coñeceremos máis sobre os países e cidades que visita o protagonista da historia.

Dita experiencia, proporcionará un gran descubrimento tanto a nivel intelectual como cultural e social.

A continuación deixamos algunhas das fotos da presentación do proxecto, na celebración do Día das Bibliotecas, o 23 de outubro.

IMG-20151026-WA0022 IMG-20151026-WA0019 IMG-20151026-WA0021 IMG-20151026-WA0024IMG-20151026-WA0023 IMG-20151026-WA0022 IMG-20151026-WA0009 IMG-20151026-WA0022IMG-20151026-WA0010 IMG-20151026-WA0020IMG-20151026-WA0018 IMG-20151026-WA0012 IMG-20151026-WA0011 IMG-20151026-WA0001