O alumnado do CEIP Soutelo de Montes festexou o Samaín cunha intensa xornada cargada de actividades. Algunhas das tarefas que se levaron a cabo foron: “As ordes de Osiños”, creación do “Monstro Mafú”, “As verbas do Samaín”, exhibición de disfraces, mostra de cabazas, actividades dende a aula de AL,  Escape room de terror e varios retos terroríficos para poder descifrar unha mensaxe final.

 

Estas son as instrucións xunto cos enlaces para realizar unha xincana que fixemos o día de Samaín. Preme sobre: XOGO SAMAÍN para poder ver o deseño da tarefa e as solucións.

XOGO SAMAÍN

https://drive.google.com/file/d/1PnNCWOg06ScCaoApDWwlkcqNq3jyMwdo/view?usp=sharing

 

A tarefa consiste en resolver un escape room dixital e tamén un conxunto de retos variados.

ESCAPE ROOM DIXITAL

 

CONXUNTO DE RETOS

AQUÍ TEDES UN VÍDEO ONDE PODEREDES VER IMAXES DESTE DÍA TAN TERRORÍFICO!!!

Ademais o alumnado de Infantil dende a aula de AL traballou esta temática dun xeito moi especial:

12 DE XUÑO

“DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL”

 

O Día Mundial contra o Traballo Infantil celébrase o 12 de xuño de cada ano, co obxectivo de concienciar e denunciar a explotación infantil que se produce en moitos países do mundo, onde os nenos se ven obrigados a traballar, negándolles todos os dereitos á educación, saúde e unha vida plena que permita o seu desenvolvemento e benestar integral.

 

En 2015, os líderes mundiais adoptaron os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), cun compromiso renovado para acabar co traballo infantil. En particular, o obxectivo 8.7 pídelle á comunidade internacional que:”… adopte medidas inmediatas e eficaces para erradicar o traballo forzoso, acabar coas formas contemporáneas de escravitude e trata de persoas e garantir a prohibición e eliminación das peores formas de traballo infantil, incluíndo recrutamento e utilización de nenos soldados e, para 2025, acabar co traballo infantil en todas as súas formas”.

 

SE ESTÁN CANSOS QUE SEXA SÓ DE XOGAR.