PREMEDE NA SEGUINTE IMAXE PARA VER DIVERSA INFORMACIÓN SOBRE O MES DA CIENCIA EN GALEGO ADEMAIS DUN VÍDEO ONDE O ALUMNADO REALIZA DIFERENTES EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS.

O xoves 9 de novembro celebramos o magosto no centro. O primeiro foi participar en equipos en diversos xogos lúdicos para traballar o léxico do Magosto e a castaña, así como as propiedades nutritivas deste froito seco. Despois desfrutamos desta festa comendo as castañas e pintando a cara, como xa é típico.

O día 5 de novembro, tivo lugar en Soutelo de Montes a “XIX Festa dos Cogomelos”
A asociación “O Can de San Roque” púxose en contacto co centro para ofrecernos a posibilidade de deseñar o cartel desta festa gastronómica.
Aquí tedes unha mostra dos deseños que lle entregamos:
AULA DE INFANTIL
AULA DE 1º/2º DE PRIMARIA

AULA DE 3º/4º PRIMARIA

AULA DE 5º/6º PRIMARIA

O CARTEL ELIXIDO POLA ASOCIACIÓN PARA PUBLICITAR A FESTA DO COGOMELO FOI O SEGUINTE:

MOITOS PARABÉNS Á AULA DE 5º/6º DE PRIMARIA
TÉÑENO BEN MERECIDO! MOI BO TRABALLO!!!