
Mes: diciembre 2025
FIN DE ANO NO CEIP AVELINO CACHAFEIRO
Aquí vos deixamos un vídeo con algúns dos momentos máis especiais da nosa celebración de fin de ano. Foi unha xornada chea de alegría e convivencia, na que despedimos xuntos un curso cheo de aprendizaxes e experiencias compartidas. Grazas a toda a comunidade educativa por acompañarnos neste peche tan especial.
Bo Nadal e feliz Aninovo para todas e todos!
O CEIP Avelino Cachafeiro deséxavos unhas felices festas.
OBRA DE TEATRO 3º CICLO: Dr Jeep
Aquí tedes a magnífica adaptación e representación que o alumnado do 3º ciclo fixo da obra de Fina Casalderrey:
“DOUTOR JEEP”
FESTIVAL NADAL 2025
Aquí tedes dous vídeos onde se recollen as actuacións do Festival Nadal do ano 2025 do CEIP Avelino Cachafeiro. No 1º poderedes ver as distintas actuacións e no segundo fotos das mesmas. Parabéns ao alumnado e profesorado por tan estupendo traballo e moitas grazas ás familias por compartir con nós un día tan especial para o noso centro:
ACTUACIÓNS EN VÍDEO
ACTUACIÓNS EN IMAXES:
LECTURAS DE NADAL
