TELEXORNAL SOUTELO DE MONTES

 

ACTIVIDADE INTERNIVEL

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria rematou xa a primeira edición do Telexornal de Soutelo de Montes, unha iniciativa coa que o noso centro quere achegar a actualidade ao pobo e dar voz aos máis novos.

Durante varias sesións, os nenos e nenas convertéronse en auténticos xornalistas: investigaron noticias, prepararon guións, practicaron a expresión oral e gravaron as distintas seccións do informativo. O resultado é un telexornal feito integramente polo alumnado, pensado para manter informada á comunidade de Soutelo de Montes sobre diferentes temas de interese e actualidade.

Con este proxecto, ademais de traballar a comunicación, a competencia dixital e o pensamento crítico, o alumnado aprende tamén a informar con rigor, colaborar en equipo e participar activamente na vida da súa contorna.

 

Agardamos que desfrutedes desta primeira edición do Telexornal de Soutelo de Montes. Seguiremos informando!

 

 

PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN

Versión en galego:

VIAXAR PARA CRER QUE: SI É POSIBLE

No marco do programa Observa-Acción, tres mestras do CEIP Avelino Cachafeiro xunto coa nosa Asesora de formación tivemos a inmensa oportunidade de desprazarnos ata Penagos (Cantabria) para coñecer de primeira man a realidade educativa do CEI Ambrosio Díez Gómez, máis coñecido como o colexio do Arenal.

Desde o primeiro momento sentimos unha acollida excepcional. Queremos agradecer profundamente a todo o seu claustro non só a hospitalidade, senón tamén a súa enorme calidade humana e profesional. Durante a nosa estancia compartiron connosco experiencias, reflexións, organizacións de aula e formas de entender a infancia que nos abriron a mente e nos impulsaron a iniciar un novo proxecto no noso centro. Será un camiño longo, pero grazas ao que alí vivimos, vémolo agora como algo posible e alcanzable.

Un agradecemento moi especial para Miriam González, asesora da Consejería de Educación de Cantabria, pola súa cercanía, dispoñibilidade e toda a axuda proporcionada ao longo da visita.

Queremos tamén expresar o noso sincero agradecemento á nosa asesora de formación do CFR de Lalín, Silvia Peña Meijomin, que nos acompañou durante a experiencia. A súa presenza foi un apoio constante, facilitando a reflexión pedagóxica, axudándonos a interpretar o observado e orientándonos para poder trasladar todo o aprendido á realidade do noso centro.

Tamén tivemos a oportunidade de visitar durante unhas horas o CEIP Eugenio Perojo de Liérganes, onde o seu director compartiu con nós información moi valiosa, reflexións pedagóxicas e unha gran disposición para o intercambio de ideas.

Do mesmo xeito, agradecemos ao CEIP Estela de Zurita a súa cálida acollida e a explicación da súa metodoloxía vivencial e creativa, que nos resultou especialmente inspiradora.

Durante toda a experiencia contamos coa guía de Esther, directora do CEI Ambrosio Díez Gómez, a mellor anfitriona que se pode ter, sempre dispoñible, acompañándonos e facilitando cada momento da aprendizaxe.

Regresamos co corazón e a cabeza cheos de ideas, ilusión e novos proxectos. Levamos connosco a certeza de que outra maneira de facer escola é posible… e funciona. Atopamos profesionais dunha extraordinaria calidade humana que traballan cada día ao carón de pequenas persoas felices, autónomas e seguras de si mesmas.

Curiosamente, ese mesmo efecto que producen no seu alumnado tamén se produciu en nós: os medos e as inseguridades iniciais para comezar algo novo desapareceron. Porque iso foi o que atopamos alí:
grandes magos e magas que constrúen aprendizaxes e fabrican emocións marabillosas.

Moitas grazas por deixarnos aprender convosco

Versión en castellano:

VIAJAR PARA CRER QUE: SÍ ES POSIBLE. 

En el marco del programa Observa-Acción, tres maestras del CEIP Avelino Cachafeiro junto con su asesora de formación tuvimos la enorme oportunidad de desplazarnos hasta Penagos (Cantabria) para conocer de primera mano la realidad educativa del CEI Ambrosio Díez Gómez, más conocido como el Colegio de El Arenal.

Desde el primer momento sentimos una acogida excepcional. Queremos agradecer profundamente a todo su claustro no solo la hospitalidad, sino también su enorme calidad humana y profesional. Durante nuestra estancia compartieron con nosotras experiencias, reflexiones, organizaciones de aula y formas de entender la infancia que nos abrieron la mente y nos impulsaron a iniciar un nuevo proyecto en nuestro centro. Será un camino largo, pero gracias a lo vivido allí lo vemos ahora como algo posible y alcanzable.

Un agradecimiento muy especial para Miriam González, asesora de la Consejería de Educación de Cantabria, por su cercanía, disponibilidad y toda la ayuda proporcionada a lo largo de la visita.

Queremos también expresar nuestro sincero agradecimiento a nuestra asesora de formación del CFR de Lalín, Silvia Peña Meijomin, que nos acompañó durante la experiencia. Su presencia fue un apoyo constante, facilitando la reflexión pedagógica, ayudándonos a interpretar lo observado y orientándonos para poder trasladar todo lo aprendido a la realidad de nuestro centro.

También tuvimos la oportunidad de visitar durante unas horas el CEIP Eugenio Perojo de Liérganes, donde su director compartió con nosotras información muy valiosa, reflexiones pedagógicas y una gran disposición para el intercambio de ideas.

Del mismo modo, agradecemos al CEIP Estela de Zurita su cálida acogida y la explicación de su metodología vivencial y creativa, que nos resultó especialmente inspiradora.

Durante toda la experiencia contamos con la guía de Esther, directora del CEI Ambrosio Díez Gómez, la mejor anfitriona que se puede tener, siempre disponible, acompañándonos y facilitando cada momento del aprendizaje.

Regresamos con el corazón y la cabeza llenos de ideas, ilusión y nuevos proyectos. Nos llevamos la certeza de que otra manera de hacer escuela es posible… y funciona. Encontramos profesionales de extraordinaria calidad humana que trabajan cada día al lado de pequeñas personas felices, autónomas y seguras de sí mismas.

Curiosamente, ese mismo efecto que producen en su alumnado también se produjo en nosotras: los miedos y las inseguridades iniciales para comenzar algo nuevo desaparecieron. Porque eso fue lo que encontramos allí:
grandes magos y magas que construyen aprendizajes y fabrican emociones maravillosas.

Muchas gracias por dejarnos aprender con vosotros.

PROGRAMA XOGADE CURSO 2025-2026

PRIMEIRA XORNADA

O pasado mércores 4 de febreiro de 2026 o alumnado do noso centro participou nunha xornada do programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Desprazámonos en autobús ata o centro Nosa Señora das Dores de Forcarei, onde o alumnado de Soutelo, en colaboración co colexio de Cerdedo, enfrontouse ao equipo de Forcarei en diferentes modalidades deportivas: baloncesto, fútbol e balonmán.

Foi unha mañá chea de actividade física, compañeirismo e respecto, na que os nenos e nenas gozaron do deporte e demostraron unha excelente deportividade, celebrando cada xogada e animándose mutuamente.

Agradecemos ao centro anfitrión a súa acollida e felicitamos ao alumnado pola súa actitude.

A continuación podedes ver o vídeo resumo da xornada.

SEGUNDA XORNADA

O venres 6 de marzo, o noso centro en colaboración co CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo-Cotobade, desprazámonos ata o CEIP de Tenorio para desfrutar dunha mañá de convivencia, colaboración e deporte. 

O alumnado dos tres centros educativos compiteu nas modalidades de fútbol e baloncesto, demostrando unha vez máis que o deporte vai máis alá de gañar ou perder, vai de saúde, de desfrutar, de socializar, de inculcar valores como o esforzo e a deportividade… e todo o alumnado demostrou ser un gran CAMPEÓN en todos estes aspectos.

MOITAS GRAZAS AO CEIP DE TENORIO POLA ACOLLIDA E TAMÉN A TODO O ALUMNADO POR PARTICIPAR CON TANTA DEPORTIVIDADE. 

 

ENTROIDO 2026

No noso centro o Entroido é unha das celebracións máis esperadas. Este ano ademais estivemos acompañados por 5 mestres do CEI Ambrosio Diez Gómez de Cantabria, e como sempre contamos coas mostras de cariño e alegría dos veciños de Soutelo e da nosa ANPA.

Este curso, seguindo o noso PDI de centro, os protagonistas foron os Invertebrados. O alumnado e profesorado traballou a reo, para confeccionar os disfraces e preparar o xa tradicional desfile polas rúas de Soutelo, para así rematar na plaza do Gaiteiro acompañados polos veciños, familias  e a ANPA que sempre nos espera alí para agasallarnos cunha cunca de chocolate quente e un bo postre de Entroido. Este ano o noso alumnado deleitou a todos os presentes con diferentes coreografías acordes ao disfrace.

Aquí vos deixamos un vídeo con lembranzas deste día:

Ademais do desfile, este curso, os Invertebrados que se achegaron ao noso cole, faláronnos de como son as súas vidas e transmitíronnos unha chea de valores. Aconsellámosvos que lle botedes un ollo a tanta sabedoría: 

CARTEL DA PAZ CON REALIDADE AUMENTADA

O alumnado elaborou un cartel da pomba da paz utilizando as súas mans pintadas, simbolizando que a paz constrúese entre todos e todas.

O cartel inclúe dous códigos QR que permiten descubrir contidos creados polo alumnado:

  •  Un vídeo no que se converten en magos da paz, e
  • Unha coreografía da “Mochila da Paz”, onde se traballan valores como o respecto, a amizade e a convivencia.

 

Unha actividade creativa que combina arte, movemento e tecnoloxía para lembrar que a paz se constrúe cada día. 

Aquí vos deixamos os dous vídeos enlazados: