ENTROIDO 2022

 

54 ideas de Entroido | carnaval, mascaras carnaval, manualidades carnaval

A tradición do Entroido en Galicia é de todas e todos coñecida. Non hai recuncho galego onde non se festexe dalgún xeito. Son tanto pequenas festas case familiares como grandes eventos de sona máis alá das fronteiras do país, mostra clara do cal é o Entroido de Xinzo, que  foi declarado Festa de Interese Internacional. Estas celebracións teñen unha fonda pegada na gastronomía, nas distintas manifestacións culturais e, como non, tamén na lingua.

 

Pegadas do Entroido no refraneiro galego:

Entroido larafuzán, comiches a chicha e deixaches o pan, empregado para aquelas situacións onde alguén se decanta polo luxo e calidade, desprezando o máis humilde. Martes de entroido e día de Pascua, cada larpeiro na súa casa, aínda que sexa unha tempada de fartura, mellor ter cabeza ao gastar. Non todos os días son martes de entroido, hai que ter bo criterio e saber administrarse. Coa mesma noción aparece o entroido é un larpeiro, mais é o fillo dun pobre, cada un na súa casa gobérnase como pode.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *