PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN SOBRE O DÍA DA PAZ
Con motivo do día da Paz, cada aula preparou nunha cartolina información sobre algunha persoa ou organización ás que lle fose concedido un premio Nobel da Paz.
Cada titoría expuxo o seu traballo ao resto dos compañeiros.
AQUÍ PODEREDES VER AS CARTOLINAS DE CADA AULA:




” UN NENO, UN MESTRE, UN LIBRO E UN LAPIS PODEN CAMBIAR O MUNDO. A EDUCACIÓN É A ÚNICA SOLUCIÓN”
Malala Yousafzai (Premio Nobel da PAZ 2014)

Nos próximos días publicaremos a actividade proposta polo día da Paz.
Este curso fixémola no 3º trimestre, xa que no 2º estabamos a metade do cole na casa confinados, e non tiña sentido facelo.
De todos os xeitos…LEMBRADE: A PAZ TEN QUE SER TODOS OS DÍAS.
Aquí está xa o traballo que realizamos. No vídeo, ademais de imaxes, hai unha explicación de como se levou a cabo esta tarefa interdisciplinar, na que a partires de diferentes ilustracións de lugares ou situacións, analizamos as emocións coa axuda da creatividade e da estatística:
Este curso, como estamos a traballar as emocións, que mellor oportunidade que expresar as nosas emocións sobre a Paz a través da arte.
Para iso, cada aula deseñou unha obra pictórica sobre a Paz, relacionouna cunha obra musical e con outra literaria(algunhas delas incluso as crearon os propios alumnos) e o traballo final presentámolo dun xeito moi orixinal: EN CAIXAS.
Para rematar unimos as emocións das catro aulas cunha corda.
Mirade que obra de arte!!!!
AQUÍ TEDES UN AUDIO ONDE O ALUMNADO DE 1º E 2º DE pRIMARIA RECITA UN FERMOSO POEMA:
Aquí vos deixamos un vídeo con máis fotos, cancións, coreografías e poemas do noso alumnado.
Como xa ben sabedes o día 30 de xaneiro celébrase:
O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
No CEIP de Soutelo, este ano o alumnado estivo traballando no 1º trimestre o libro: “20.000 leguas baixo os mares”.
Escollemos oracións, expresións, situacións do libro e escribímolas na silueta do Nautilius (submarino do libro).
Distribuimos os submarinos polas distintas aulas, e cada neno ou nena, escribiu unha palabra ou oración curta sobre o que lle inspiraba o fragmento que lera. As palabras a favor da Paz puxéronas na silueta dun peixe de cores cálidas; e as inspiracións contrarias á Paz, en peixes de cores frías. Cada alumno e alumna decorou o seu peixiño.
O resultado final foi que o venres cada alumno e alumna levou o seu peixiño ao noso mar (un mural) pero…antes de comezar, tivemos que matinar un pouco, xa que o título do mural era un xeroglífico que había que descifrar.
De seguida, entre todos, conseguímolo!!!!
O alumnado de 5º e 6º tamén nos recitou uns fermosísimos poemas da Paz escritos en galego.
ASÍ ESTABA O MURAL ANTES DE COMEZAR:
PERO… SE OLLADES ESTE VÍDEO VEREDES COMO QUEDOU AO REMATAR, E TAMÉN ESCOITAREDES RECITAR UNS FERMOSOS VERSOS QUE FALAN DE PAZ
Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ centrámonos, por un lado na figura de MALALA YOUSAFZAI( Premio Nobel da Paz en 2014) e por outro na AUGA.
Malala di que un nen@, un mestre e un libro poden cambiar o mundo e como desde o cole descubrimos que a auga é un dereito fundamental e que non se pode comercializar con ela porque pode ser a causa de moitos conflitos. Decidimos poñernos mans á obra e traballar para solucionar pequenos conflitos que xurden na nosa contorna, e cos que podemos contribuir para conseguir a PAZ.
O alumnado traballou en equipo para resolver uns interesantísimos retos que non se lles puideron resistir!!!
E..non nos podemos esquecer de dicir que pola tarde estivemos bailando e cantando a canción que estivemos preparando e que tanto nos gusta…QUÉROTE MAIS…QUERO QUERO TE MAIS…de Sonoro Maxín.
Parabéns porque fixestes un gran traballo!!!
Aquí unhas fotiños…