XXI FESTA DOS COGOMELOS DE SOUTELO

 

Como vén sendo xa habitual nas últimas edicións, a Asociación Socio-Cultural Can de San Roque convidounos a colaborar con eles para confeccionar o cartel desta tradicional festa.

Presentamos a continuación as propostas que deseñamos dende o centro:

Este ano a asociación decidiu empregalos todos como así o comunicou nas súas redes sociais.

Podedes premer no enlace e ver a publicación cos nosos traballos:

https://www.instagram.com/p/DPhNLqdjPGb/

 

O cartel de Infantil foi a base para publicitar o Concurso de Cestas:

 Podedes acceder a máis información no seguinte enlace: https://www.instagram.com/p/DQM73uMDJYI/

 

O cartel de 1º/2º de Primaria anuncia a andaina que se levará a cabo ese día:

 Podedes acceder a máis información no seguinte enlace: https://www.instagram.com/p/DP7GsRzDJ-d/

 

O cartel de 3º/4º servirá para dar a coñecer o programa e os prezos das actividades dese día:

 Podedes ver máis información neste enlace:https://www.instagram.com/p/DQfE5iVDIyy/

 

 

Por último o cartel coa programación do propio día é o de 5º/6º de Primaria:

 Podedes acceder a máis información no seguinte enlace:

 https://www.instagram.com/reel/DPpEYffDE1K/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

 

 Deixámosvos o enlace das redes sociais da Asociación para que poidades consultar toda a información desta XXI edición da festa.

Non vos perdades esta gran cita o vindeiro domingo día 9 de novembro!!

https://www.facebook.com/terrademontes/

https://www.instagram.com/asoc.ocandesanroque/

XA CHEGOU….O REMATE DO CURSO!!!

Canto traballamos, rimos, disfrutamos, sorprendimos e sorpendéronnos, tamén nos enfadamos, choramos e sufrimos, pero en definitiva….

FOI UN GRAN CURSO 2018/2019!!!

Como todos os anos o colexio e a ANPA Meixoeiro, organizaron a festa tan esperada polo noso alumnado: inchables, chapas, maquillaxe, xogos, cochiños, demostración de zumba e como remate, para recuperar forzas, uns pinchos deliciosos…

MOITAS GRAZAS A ANPA MEIXOEIRO POR COLABORAR CO COLEXIO UN ANO MÁIS.

As imaxes deste día quedan no noso recordo e corazóns porque, coma sempre, despedimos as alumnas de 6º de Primaria que se van para o instituto. Botarémosvos en falta, pero sabemos que ides a comezar un novo período nas vosas vidas cheo de emocións, ilusións e esperanzas.

DESEXÁMOSVOS MOITA SORTE

Aquí vos deixamos unhas fotos deste día

E…SO NOS QUEDA DESEXAR A TODOS

FELICES VACACIÓNS!!!

EN SETEMBRO VOLTAMOS!!!