Chegou o día tan esperado por todos: O DÍA DE FIN DE CURSO

Hoxe, ao igual que anos anteriores, foi un día de ledicia no colexio, xogamos, divertímonos moito, tanto os nenos e nenas como os mestres e mestras.

Foi un día coma sempre moi especial onde se mesturan momentos de alegría e moitas risas con momentos de nerviosismo e nostalxia por diversos motivos. Un deles foi despedir ao noso alumnado de 6º de Primaria que comeza unha nova etapa na que lle desexamos toda a sorte do mundo. Moitas grazas por regalarnos tantas cousas en todos estes anos que estivestes no Ceip Soutelo de Montes. Grazas por loitar, por non rendirvos nunca, grazas polos vosos sorrisos e tamén polas vosas bágoas, polo voso esforzo e polo voso comportamento, en definitiva GRAZAS POR ENSINARNOS TANTO!!!

MOITAS GRAZAS: MARTINA, UXÍA, DUNIA E MARCOS

AQUÍ VOS DEIXAMOS A SÚA ORLA

E AQUÍ PODEDES OLLAR  UNHAS IMAXES DESTE DÍA

Agradecemos moito toda a comprensión e boa disposición  das familias neste curso tan complicado para todos-as.

O CEIP SOUTELO DE MONTES DESÉXAVOS A TODOS: UNHAS FELICES VACACIÓNS!!!

O mércores día 20 aparcamos libros, libretas, cadernos e demais material escolar porque despois dun curso traballando arreo, chegou unha máis que merecida recompensa:

A FESTA DE FIN DE CURSO

Xogamos a: corda, bolos, minicars, aros, saltamos nos hinchables, maquillámonos, fixemos demostracións de zumba, defensa persoal… en fin, pasámolo xenial e grazas á colaboración da ANPA.

MOITAS GRAZAS!!!

OLLADE, OLLADE!!… AS NOSAS CARIÑAS DINNO TODO!!!

 

PERO… ADEMAIS  DE TODA ESTA DIVERSIÓN, OS NENOS E TAMÉN OS MAIORES VIVIRON MOMENTOS DE EMOCIÓN AO DESPEDIRSE DOS COMPAÑEIROS DE 6º DE PRIMARIA QUE EMPRENDEN UNHA NOVA ETAPA
BOA SORTE RAPACES E RAPAZAS!!! 

E A CONTINUACIÓN… TOCA DESPEDIRNOS DE VANESA IGLESIAS, a titora de 1 e 2º de Primaria.

Os nen@s, os pais e nais quixeron agradecerlle á profe Vane o seu traballo ao longo destes anos  no CEIP de SOUTELO nun acto no que Vanesa foi fiel ao seu carácter e poucas palabras articulou salvo dar as grazas moitas veces. E,  é que… VANE, ti non precisas falar, os feitos falan por ti, e ante eles, as palabras sobran. QUERIDÍSIMA COMPAÑEIRA, estamos felices por ti, desexámosche o mellor no teu novo destino, aquí sempre estarán as portas abertas para ti, as portas do colexio, e as portas dos corazóns de tod@s nós: pais, nais, alumnado, compañeiros, conserxe e cociñeiro. 

COMPI, ti deixas pegadas en todas as persoas coas que estás!!!

 www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/06/21/calida-despedida-docente-vanessa-iglesias/1915021.html

Como xa chegou o bo tempo, dende a biblioteca decidimos que se estaba moi ben no patio do colexio, así que enviamos para alí á nosa nova amiga:

CARRILEOTECA.

Como é unha nova compañeira, ímosvola presentar pero… que saibades que é moi fermosa, alegre, divertida e o que máis lle gusta son os libros, sempre vai cargadiña de libros e está máis que disposta a compartilos con aqueles nenos e nenas que lle apeteza ler, ollar, mirar, investigar e mesmo falar sobre os libros que ela nos trae ao patio.

AQUÍ ESTÁ:

E.. MIRADE QUE BEN O PASAN OS NENOS E NENAS CON ELA

E COMO A AXUDAN A ELIXIR OS LIBROS QUE MÁIS MOLAN PARA SACAR AO PATIO

Xa está cerca o mes de xuño e para o alumnado de 6º supón facer uns traballiños extra para recaudar fondos para a excursión de fin de curso.

No última feira do pobo alí estiveron vendendo distintos produtos. Algúns elaboráronos eles no cole e con outros colaboraron as familias, así que moitísimas gracias!!!

Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso, tanto de elaboración, envasado e etiquetado das pastas caseiras como do propio día da feira.

Mil gracias a tod@s pola vosa colaboración!!!!

 

 

A semana pasada fomos a cociña  aprender algo novo sobre o que Rubén nos contou un montón de cousas…AS CONSERVAS…

Primeiro explicounos que son as conservas, que tipos existen e vimos varios exemplos.

Logo puxémonos mans á obra e como práctica realizamos conservas de CEBOLA CARAMELIZADA.

Para rematar puxémoslles as etiquetas aos tarros e cada un de nós levamos a proba para as nosas casas…

UNHA DELICIA…

 

Veña que arrancamos xa…!!!

 Este curso 2017/2018 este blogue está un pouco diferente xa que presentamos como novidade a incorporación a este sitio web do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

Supoñemos que pasariades unhas estupendas vacacións e que viredes coas pilas cargadas para poñer en marcha este novo curso cheos de novos  proxectos e sobre todo de moita ilusión.

BENVIDOS A TODOS E TODAS!!!