O mércores día 20 aparcamos libros, libretas, cadernos e demais material escolar porque despois dun curso traballando arreo, chegou unha máis que merecida recompensa:
A FESTA DE FIN DE CURSO
Xogamos a: corda, bolos, minicars, aros, saltamos nos hinchables, maquillámonos, fixemos demostracións de zumba, defensa persoal… en fin, pasámolo xenial e grazas á colaboración da ANPA.
MOITAS GRAZAS!!!
OLLADE, OLLADE!!… AS NOSAS CARIÑAS DINNO TODO!!!
E A CONTINUACIÓN… TOCA DESPEDIRNOS DE VANESA IGLESIAS, a titora de 1 e 2º de Primaria.
Os nen@s, os pais e nais quixeron agradecerlle á profe Vane o seu traballo ao longo destes anos no CEIP de SOUTELO nun acto no que Vanesa foi fiel ao seu carácter e poucas palabras articulou salvo dar as grazas moitas veces. E, é que… VANE, ti non precisas falar, os feitos falan por ti, e ante eles, as palabras sobran. QUERIDÍSIMA COMPAÑEIRA, estamos felices por ti, desexámosche o mellor no teu novo destino, aquí sempre estarán as portas abertas para ti, as portas do colexio, e as portas dos corazóns de tod@s nós: pais, nais, alumnado, compañeiros, conserxe e cociñeiro.
COMPI, ti deixas pegadas en todas as persoas coas que estás!!!