FOTOCOL DAS EMOCIÓNS
Este traballo ten como obxectivos canalizar as emocións que nos crea probar alimentos que non nos gustan, fomentar a alimentación saudable, a creatividade e a programación por bloques.
Para iso creamos un fotocol invertido seguindo a técnica do artista Arcimboldo.
O noso fotocol é a silueta dun cociñeiro que no seu mandilón representa a alimentación saudable recreando o plato de Harvard e ten dous gorros diferentes: un colorido e florido que representa as neuronas cando proban un alimento que nos gusta e outro escuro e con arañas que representa que ese alimento aínda non fomos capaces de probalo.
Ademais axudamos ao fotocol a expresar as nosas emocións co matrid de Led da placa do mbot para mostrar o nome do alimento e se a sensación é boa con cara sorrinte e se é mala con cara triste. A programación do texto fixérona os máis maiores do centro e a programación das caras os máis pequenos.