Durante todos estes meses o alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria traballou a reo para poder ofrecernos esta magnífica reportaxe sobre A DINA de Valencia.

Non deixedes de ver o  traballo final detrás do que se agochan horas de busca de información, de lectura, de redacción, busca de imaxes, entrevistas, grabacións, expresión oral, procesador de texto, programas de presentacións como Canva, tratamento de imaxes, edición de vídeo, traballo en Equipo… e infinidade de aprendizaxes e experiencias que nos proporcionou este proxecto tanto ao alumnado como o profesorado.

Lembrade que podedes seguir o traballo paso a paso no curso da Aula Virtual: TelexornalSoutelo que ten acceso para convidados.

PARABÉNS AOS NOSOS XORNALISTAS!!!

 

DÍA DA MULLER

Con motivo do Día da muller o alumnado do 1º ciclo retratou as mulleres da súa vida, menudos artistas!

Así mesmo, o alumnado do 2º e 3º ciclos recolleu información sobre pioneiras en diferentes ámbitos para crear unha “colmea*” de mulleres.

*material de @abeceart

Día de Rosalía

Co gallo do Día de Rosalía o alumnado de 5º e 6º de primaria comprobou os seus coñecementos sobre a célebre autora galega. Despois visionaron un vídeo sobre a súa vida en YouTube dos creadores TikTak Draw para comprobar as súas respostas iniciais e completar as que non sabían. Recomendámovos que vexades o vídeo, xa que ademais de ser moi interesante está narrado en galego polo alumnado do CEIP San Pío X de Ourense.

 

 

O día 20 de decembro celebramos o tradicional FESTIVAL DE NADAL no centro.

Este ano a temática central do Festival foron os animais.

Foi un día de moitas emocións e nervios, pero ao final un día de ilusión e e de convivencia coas familias, a ANPA e outros membros da comunidade educativa que nos visitaron para esta celebración tan especial no centro.