CARTEL DA PAZ CON REALIDADE AUMENTADA
O alumnado elaborou un cartel da pomba da paz utilizando as súas mans pintadas, simbolizando que a paz constrúese entre todos e todas.
O cartel inclúe dous códigos QR que permiten descubrir contidos creados polo alumnado:
- Un vídeo no que se converten en magos da paz, e
- Unha coreografía da “Mochila da Paz”, onde se traballan valores como o respecto, a amizade e a convivencia.
Unha actividade creativa que combina arte, movemento e tecnoloxía para lembrar que a paz se constrúe cada día.
Aquí vos deixamos os dous vídeos enlazados:
