Como xa é tradición no noso colexio, o día 20 de decembro celebramos o festival de Nadal.
Este ano o programa foi o seguinte:
- EDUCACIÓN INFANTIL:
A las 12 de la noche/ O lobo e os tres porquiños.
- 1º/2º de PRIMARIA:
Los caballos del tiovivo/ARAM SAM SAM
- 5º/6º de PRIMARIA:
Big big world/We wil rock you
- 3º/4º de PRIMARIA:
No dudaría/Peer Gynt
- 5º/6º de PRIMARIA:
Os Valores
- Todos os cursos:
Mix de Panxoliñas en inglés.
- 3º/4º/5º e 6º de PRIMARIA:
OBLADÍ-OBLADÁ QUE LEDICIA!!! (versión en galego)
O resultado, coma sempre, espectacular xa que contamos con grandes artistas entre o noso alumnado. Ese día, ademais tamén tiñamos os mellores animadores, os que aplauden con máis brío, que son, por suposto, as familias.
Moitas grazas a todos e todas por acompañarnos un ano máis.
Aquí vos deixamos dous vídeos onde podedes ver ou lembrar as diferentes actuacións e postas en escena.