Comezamos a semana da mellor maneira posible, coa chegada de novidades á nosa biblioteca. Espérovos!


Nos próximos días publicaremos a actividade proposta polo día da Paz.
Este curso fixémola no 3º trimestre, xa que no 2º estabamos a metade do cole na casa confinados, e non tiña sentido facelo.
De todos os xeitos…LEMBRADE: A PAZ TEN QUE SER TODOS OS DÍAS.
Aquí está xa o traballo que realizamos. No vídeo, ademais de imaxes, hai unha explicación de como se levou a cabo esta tarefa interdisciplinar, na que a partires de diferentes ilustracións de lugares ou situacións, analizamos as emocións coa axuda da creatividade e da estatística:
Este Nadal foi un pouquiño diferente. Como todos sabemos non puidemos celebrar o tradicional festival navideño xunto coas nosas familias, pero eso non nos impediu ter unha xornada chea de música, contos, bailes…
Este ano grazas á aula de 5º e 6º de Primaria desfrutamos todos e todas posando nun precioso photocall navideño que eles deseñaron para todo o cole.
E por último…recibimos a Papá Noel, cargadiño de AGASALLOS!!!
Aquí tedes un vídeo onde podedes ver o ben que o pasamos ese día.




Este curso, xa que por mor da pandemia non podemos celebrar o tradicional magosto, ampliamos un xogo que nos encanta: trátase de traballar o léxico: BOOM do MAGOSTO!!!
O xogo é interactivo para que así poidamos xogar en cada aula no colexio e tamén poidades xogar na vosa casa coas vosas familias.
Aquí o tedes:
ESTE ANO, COMO NON PUIDEMOS CELEBRAR ESTA DATA TAN ESPECIAL TODOS XUNTOS, TAL E COMO VIÑAMOS FACENDO EN CURSOS PASADOS, TIVEMOS QUE AXUDARNOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS, E COA AXUDA DE PADLET, CONECTÁMONOS AS CATRO AULAS DO CENTRO PARA XOGAR AO XOGO DE XESTOS, E ASÍ REPASAMOS O LÉXICO TÍPICO DESTA FESTA TAN DIVERTIDA.
Deixamos aquí o Padlet para que comprobedes o noso inxenio, tanto á hora de xestualizar, como de adiviñar os xestos dos meus compañeiros e compañeiras.
O alumnado este curso, polo día das bibliotecas escolares, compartiu con nós os diferentes lugares da xeografía aos que os levaron as súas últimas lecturas.
Podedes consultar os seus comentarios e reflexións premendo nas localizacións do seguinte planisferio.
O noso alumnado ten á súa disposición unha selección de exemplares que lles van axudar moito na actividade que realizaremos en relación co Día das Bibliotecas Escolares.
Que será? Estade atentos!
