Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ centrámonos, por un lado na figura de MALALA YOUSAFZAI( Premio Nobel da Paz en 2014) e por outro na AUGA.

Malala di que un nen@, un mestre e un libro poden cambiar o mundo e como desde o cole descubrimos que a auga é un dereito fundamental e que non se pode comercializar con ela porque pode ser a causa de moitos conflitos. Decidimos poñernos mans á obra  e traballar para solucionar pequenos conflitos que xurden na nosa contorna, e cos que podemos contribuir para conseguir a PAZ.

 O alumnado traballou en equipo para resolver uns interesantísimos retos que non se lles puideron resistir!!!

E..non nos podemos esquecer de dicir que pola tarde estivemos bailando e cantando a canción que estivemos preparando e que tanto nos gusta…QUÉROTE MAIS…QUERO QUERO TE MAIS…de Sonoro Maxín.

Parabéns porque fixestes un gran traballo!!!

Aquí unhas fotiños…

Que non nos esquecemos…non non…tivemos uns problemas técnicos que xa están amañados así que…aquí vos deixamos unha presentación con algunhas fotos do pasado festival de Nadal, co que despedimos o primeiro trimestre.

Tamén estamos traballando nun vídeo que pronto vos amosaremos!

Agardamos que vos gusten!!!

  

 

 

 

 

  

AQUÍ TEMOS DOUS VÍDEOS COA ACTUACIÓN DOS NOSOS ALUMN@S

 

 

 

Neste vídeo veredes o magnífico traballo de cada aula, coa axuda en algunhas pezas musicais de antigos alumn@s:

 

 

E…agora  poderedes ver a obra de teatro interpretada polo alumnado de 5º e 6º de primaria:

“O MELLOR DO NADAL”

 

 

 

A semana pasada fomos a cociña  aprender algo novo sobre o que Rubén nos contou un montón de cousas…AS CONSERVAS…

Primeiro explicounos que son as conservas, que tipos existen e vimos varios exemplos.

Logo puxémonos mans á obra e como práctica realizamos conservas de CEBOLA CARAMELIZADA.

Para rematar puxémoslles as etiquetas aos tarros e cada un de nós levamos a proba para as nosas casas…

UNHA DELICIA…

 

 

 

Aquí vos deixo os enlaces para que leades de que tratan estes libros e vos animedes a collelos emprestados a próxima vez que pasades pola biblio!

Elmer https://www.entrelectores.com/libros/david-mckee/elmer

La autoestima de Ana http://www.salvatella.com/index.php?id_product=1812&controller=product&id_lang=1

El pez arcoiris https://www.boolino.es/es/libros-cuentos/el-pez-arcoiris/

El club de los CANÍBALES muerde a DRÁCULA   http://www.anikaentrelibros.com/el-club-de-los-canibales-muerde-a-dracula

El otoño del árbol cascarrabias   https://www.entrelectores.com/libros/jordi-sierra-i-fabra/el-otono-del-arbol-cascarrabias

La primavera de la mariposa hermosa   https://www.brunolibros.es/libro.php?id=4299834

Los superpreguntones: LA PREHISTORIA   http://www.mamapsicologainfantil.com/la-prehistoria-otro-libro-de-los-superpreguntones/

Imos contar un segredo https://www.agapea.com/libros/Imos-contar-un-segredo-9788476800935-i.htm

A derradeira Cincenta https://www.agapea.com/libros/A-derradeira-cincenta-9788476800942-i.htm

Este é o medo https://www.agapea.com/libros/Este-e-o-medo-9788476800928-i.htm

 

O pasado día 10 estivemos de celebración…

A FESTA DO MAGOSTO é unha das datas máis agardadas polos pequenos e non tan pequenos…

Fixemos unha chea de xogos e foi unha xornada moi divertida na que, o que máis ou menos, quedou pintadiño de negro…

Comemos un xantar moi rico e de sobremesa as castañas asadas!!!!

Na presentación podedes comprobar o ben que o pasamos:

 

Pola tarde, organizamos na biblioteca un xogo moi divertido co léxico propio desta festa que tanto nos gusta:

O ROSCO DO MAGOSTO 

 

 

O 31 de outubro celebramos o Samaín no noso centro.

Ímosvos amosar que terrorífico está o colexio. Este ano contamos coa axuda das familias que decoraron mazarocas de millo. Quedaron moi ben!!!

PARABÉNS FAMILIAS!!!

CANTA CREATIVIDADE!!!

 

Pero se falamos de creatividade e imaxinación, temos que ver aos nosos rapaces e rapazas, que este ano traballaron a emoción do medo con moito éxito.

MIRADE, MIRADE!!!

O día 24 de outubro é o día das bibliotecas escolares. Cada ano encárgaselle a unha persoa o deseño dun cartel que plasme a esencia dunha biblioteca.

Este ano o lema era: “Aprender a pensar coa biblioteca escolar”.

O cartel que interpreta este lema  foi creado por Xosé Tomás e pretende visualizar os diferentes espazos, recursos, actividades… que nos pode brindar a biblioteca.

 

O día 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas no noso centro.

Ás 12:00 contamos cun convidado máxico…siii…porque LE GRAND MARTÍN acompañounos durante unha horiña na que disfrutamos cun montón de xogos e trucos de maxia que nos preparou. Moitísimas grazas!!!

Logo repartimos os carnets a todo o alumnado para que podan empezar a gozar cos préstamos e por último, entregamos as mochilas viaxeiras para que comecen a vivir aventuras!!!

Na montaxe poderedes ver unhas fotiños do día.

 

E para rematar, deixamos na nosa biblioteca unha pegada moi importante: con creatividade e imaxinación plasmamos o que nos gusta da nosa biblioteca e o que aprendemos nela.

MIRADE, MIRADE, QUE FERMOSA NOS QUEDOU A NOSA ÁRBORE!!!

Veña que arrancamos xa…!!!

 Este curso 2017/2018 este blogue está un pouco diferente xa que presentamos como novidade a incorporación a este sitio web do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

Supoñemos que pasariades unhas estupendas vacacións e que viredes coas pilas cargadas para poñer en marcha este novo curso cheos de novos  proxectos e sobre todo de moita ilusión.

BENVIDOS A TODOS E TODAS!!!