21 DE MARZO “DÍA MUNDIAL DA POESÍA”

 

A UNESCO adoptou o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e promover a visibilidade daquelas linguas en perigo. “O Día Mundial da Poesía”, dise, “é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir as tradicións orais dos recitais poéticos, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e pintura, e aumentar a visibilidade da poesía nos medios”.

 

En 2022: Poesía pola Paz

 

O 21 de marzo de 2022 coincidirá cun dos momentos máis duros do século XXI: despois dunha grave crise económica e dunha terrible pandemia, aínda sen resolver, unha guerra ás portas de Europa lémbranos outros graves conflitos armados noutros lugares do planeta.

 

Por iso, o Día Mundial da Poesía 2022 celebrarase en moitos lugares con poemas pola paz, co fin de manter a esperanza e ofrecer consolo en tempos tan duros.

Poemas de paz sen data

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *