Isto é un non parar! Vide axiña ver as últimas novidades chegadas á nosa biblioteca!
Xa estamos nunha das datas máis añoradas no noso centro. Un ano máis, pensamos, decidimos, decoramos, ensaiamos, disfrazámonos e aquí está o resultado. Moitas grazas ás familias por asistir ao festival un ano máis, e compartir así unha xornada tan especial; e grazas tamén a ANPA por colaborar neste día xa que invitou ao noso centro, nada máis e nada menos, que a…
…PAPÁ NOEL !!!
FESTIVAL DE NADAL 2019
FOTOS DO FESTIVAL
OBRA DE TEATRO DO ALUMNADO DE 5º/6º DE PRIMARIA:
“IR Á ESCOLA NON AMOLA”
Este curso, ante o éxito que tivo no magosto pasado o xogo de léxico: BOOMM!!! , decidimos ampliar as preguntas e facer o xogo interactivo para que así, ademais de xogar todos e todas xuntos no colexio, poidades xogar na vosa casa coas vosas familias.
Aquí o tedes:
Xa se achega unha das datas máis terroríficas do curso: O SAMAÍN!!!
Este ano celebrarémolo o mércores día 30 de outubro, pero uns días antes xa se empeza a respirar un ambiente un pouco terrorífico no cole:




Como cada ano, as familias que así o desexen poderán traer decorada a súa cabaza da casa e o mércores 30, o alumnado que queira, poderá vir disfrazado cunha temática relacionada con esta tradicional festa.
Chegou o día, e coma sempre, a creatividade das familias non deixa de sorprendernos tanto na decoración de cabazas como no diseño dos disfraces. Aquí está a proba:
Durante este curso imos traballar as emocións e que mellor oportunidade que o SAMAÍN para analizar os nosos MEDOS,NOXOS, ASOMBROS…
Aquí vos deixamos un blogue onde reflectimos dalgunha maneira as emocións máis presentes do Samaín:
E, para rematar este emocionante día, nada mellor que un postre terrorífico:
COULANT DE CHOCOLATE sobre SANGUE (marmelada de arándanos)
elaborado polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e baixo a supervisión do noso CHEF: RUBÉN.
ESTABA TERRORIFICAMENTE DELICIOSO!!!!

coulant

MOCHILAS VIAXEIRAS
O 23 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares no noso centro. Como sempre, a profe Uxía repartiu os carnés, informou do funcionamento e partes da Biblioteca e deu o pistoletazo de saída ás mochilas viaxeiras.

Este curso como novidades temos:
1º ACREDITACIÓNS DOS NOVOS ALUMNOS COLABORADORES DA BIBLIOTECA.

2º SUSCRICIÓN Á REVISTA PAPAGAIO
3º O LECTÓMETRO
O alumnado de Primaria poderá contabilizar os libros lidos este curso coa axuda do lectómetro que está na nosa Biblioteca.
4º A MÁQUINA DA VERDADE
O alumnado que lea o mesmo libro poderá someter ao seu compañeiro-a de lectura ao polígrafo con preguntas sobre o mesmo. Primeiro terán que ler o libro e formular as preguntas na seguinte solicitude dirixida a Ratoteca, a mascota da nosa Biblioteca.


Unha vez que Ratoteca lle comunique o día e a hora, poderán xogar.
